domingo, 19 de febreiro de 2017

SAINT SAÉNS : Primeiro compositor de bandas sonoras.

A primeira Banda Sonora Orixinal da historia do cinema da que se ten constancia foi composta en 1.908 para o cinema francés "O Asesinato do Duque de Guisa". O seu creador foi CAMILE SAINT-SAËNS.


Ese mesmo ano tamén o ruso Mihail Ippolitov-Ivanov compuso outras pezas sinxelas para o cinema "Stenka Razin". Estes dous músicos están considerados coma os precursores da música no cinema.

As súas creacións tiñan o obxectivo de reforzar a expresividade do cinema, de forma que as súas partituras eran interpretadas en vivo e directo con pianos u orquestras completas.


A orquestra de Cámara de Valdivia, dirixida por D. Assaf Leibowitz, interpreta a música da película de Saint-Saëns en directo, mentras o auditorio ve simultaneamente o cinema. 

Agradecemos ao director de orquestra Assaf Leibowitz, a publicación deste vídeo, o 6 de abril de 2.015.

O que esté interesado en ver a película L´Assaissinat du Duc de Guise (cinema de 1.908), pode miralo no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=zqvrHv7sz8E,  que foi subido por A cinema history e publicado o 20 de novembro de 2.014. 


MÁIS MÚSICA DE SAINT SAËNS NO CINE

Na película Disney de Fantasía. 


Agradecemos a D. Nicolás Paparella este vídeo do 15 de decembro de 2.008


No cinema Babe realizaron unha adaptación da Sinfonía nº 3 en Do m Op 78 do compositor
Camile Saint-Saëns. Escoitemos a música.

Agora se queres podes ver o cinema 



Ningún comentario:

Publicar un comentario