sábado, 18 de novembro de 2017

Día internacional dos nenos 2.017. Canciones Derechos Humanos

LOS DERECHOS HUMANOS, 
TU MEJOR INSTRUMENTO
 Canción da Banda sonora do cinema de debuxos animados 
"El Extraordinario Viaje de Lucius Dumb"

 
 
Agradecemos a Happy Learning Español este video, publicado o 17/11/2.015






 CANCIÓN DE LOS DERECHOS DEL NIÑO

 
Agradecemos o video a "dibujitosanimados". Publicado o 16/11/2.010



mércores, 15 de novembro de 2017

O grupo FARAGULLAS actúa no magosto do CEIP Eduardo Pondal 2.017

Dende hai uns anos, no CEIP Eduardo Pondal, a festa do magosto enriquécese coa presencia do grupo de pandereteiras FARAGULLAS, da Asociación de Sampaio,  para interpretar pezas tradicionais que enriquecen, dan valor a nosa cultura e fan as delicias do público. 




Agradecemos ao grupo FARAGULLAS, a súa participación na festa do magosto.

mércores, 8 de novembro de 2017

O MAGOSTO: Castaniñas caen

 
O magosto é a festa das castañas. É unha festa moi antiga e a máis representativa do outono, as dúas datas máis concorentes para facer a súa celebración son: o día 1 de novembro, festa de Todos os Santos, ou o día 11, festa de San Martiño. 


As castañas tiveron moita importancia na alimentación da xente noutros tempos. Agora comémolas de cando en vez, pero cando aínda non se coñecían as patacas formaban parte de moitas comidas, por iso era tan celebrada a súa chegada.


Agradecemos este video coa letra a D. Jesús Pareja.24/10/2.016

luns, 30 de outubro de 2017

Celebrando o SAMAÍN: Corre corre, cabaciña e El brujo de Gulubú


O Samaín é unha festa de orixe celta. A noite do 31 de outubro comeza a festa en honor dos difuntos, extendéndose ata o 1 de novembro. 

Polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño, posteriormente cabazas, introducindo dentro candeas.  

No conto Corre corre, cabaciña de Eva Mejuto e André Letia, foi escollido por Almudena Janeiro para transformalo en cantiga, que aparece no libro de Contos en cantos.







 Agradecemos o video a exploradores 3a, publicado o 25/10/2.010



É sen dúbida a festa de "Halloween"  o fenómeno cultural máis intimamente vencellado á nosa tradición do tallado de caveiras. O mundo británico ten a tradición nestas datas, de disfrazarse de persoeiros relacionados con meigas e bruxas, disfrazándose con motivos relacionados coa morte.


"El brujito de Gulubú" de Elena Wash, reproducido polo grupo CANTAJUEGOS. 


EL BRUJITO DE GULUGÚ


Agradecemos a letra da canción e o video do grupo Cantajuegos  á responsable do blog de Educación Musical:  valdemusica.blogspot.com, publicado o 24/10/2.013


sábado, 28 de outubro de 2017

Viaxamos a África e a China na inauguración da Biblioteca con 6º e 1º- 2º

Con motivo da inauguración da BiblioCrocaio, o alumnado de 1º-2º e 6º de Educación Primaria, trasladáronnos a China e África. 

Os alumnos de 1º e 2º trasladáronnos á China coa cantiga As Maimiñas na muralla, do libro Unha viaxe polo mundo.






Os alumnos de sexto de Educación Primaria presentaron e interpretaron Kokoleoko coa frauta doce, a cantaron e fixeron un xogo de mans.  
 






martes, 24 de outubro de 2017

Músicas do mundo para rapaces: "PUTUMAYO Kids"



WORLD PLAYGROUND 
A musical adventure for Kids


Agradecemos o video a thelittledeedee. 11/07/2.009



SING ALONG with Putumayo


 Agradecemos a Kidzo 123 este video. 15/12/2.010




 

Putumayo Kids é un dos selos de discos independentes para nenos máis coñecido e máis queridos do mundo, unha aventura chea de cantos e bailes para nenos de mente esperta e curiosa.  A súa travesía musical comezou no 2002 cando Putumayo, un recoñecido selo de música do mundo fundado en 1993, pensou en estender a súa maxia musical cara aos nenos de todo o mundo. O planeta Putumayo é un lugar para divertirse, onde os nenos de todos os países xúntanse para bailar, xogar, cantar e descubrir os tesouros culturais de todo o mundo.

 A continuación un fragmento de African Playground

 Agradecemos o video a Valéria Hajdó. 05/10/2.014



É unha colección de Cd´s en permanente crecemento e cadernos de actividades multiculturais llenitos de música alegre e festiva, culturalmente auténtica, acompañada de notas explicativas educativas. Divídese en 2 correntes: Playground (para a hora do xogo) e Dreamlands (para favorecer o soño de péquelos). Cancións de Africa, Hawai, Brasil, Francia, o Caribe, e moitas máis para introducir aos nenos nas distintas culturas do mundo.



 Agradecemos o seguinte video a Meltem Altay. 16/06/2.014


 

xoves, 19 de outubro de 2017

Unha nova viaxe pola BIBLIOCROCAIO



LA GALAXIA DE LAS LETRAS

En este viaje viajaremos con las letras, viajando entre planetas, descubriendo aventuras y los secretos de los cuentos, con el grupo Cantajuegos, para hacerlo de forma habitual en nuestra Biblioteca: BIBLIOCROCAIO.




Agradecemos o video a CantajuegoVEVO este video. 6/11/2.012


Saudamos dende aquí a CROCAIO, a nosa mascota da Biblioteca



 que estará  investigando e preparando xa todo para a inauguración.



Canción: De paseo por el mundo 



Agradecemos o video a gabriela planella. Publicado o 29/04/2.010