mércores, 22 de febreiro de 2017

Heroes e viláns na música e no cinema. CSMUVI


Agradecemos ao Conservatorio Superior de Música de Vigo e ao Consello de Vigo, esta iniciativa cultural, que permite desfrutar, aprender e asistir a un concerto didáctico en directo, no propio Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Queremos agradecer tamén a D. Carlos Enríquez Pérez e D. Jesús Vicente Monzón a guía didáctica realizada para este concerto didáctico sobre HEROES E VILÁNS, do que recollemos información para a elaboración desta publicación.
Ao longo da historia, nos libros, especialmente no cómic,  na música e no cinema existiron e existen os heroes e viláns. A maioría sentimos unha especial atracción polas aventuras e desventuras destes seres singulares, capaces de fazañas extraordinarias.
Grandes compositores realizaron obras inspiradas en heroes e viláns.

Piotr Ilich Tchaikovsky (1840-1893)
Compositor romántico ruso, nacido en 1840 en Votkinsk, unha pequena
población e de  familia burguesa. Dende moi neno amosa
 unha gran pasión pola música e a  literatura, iniciando os
estudios de piano con tan só cinco años. Aos oito trasládase a
San Petersburgo coa súa familia. Precisamente a primera mención do seu
interés pola composición figura nunha carta de 1844 na que comenta
que escribiu unha canción titulada “Nuestra mamá en San Petersburgo".


TCHAIKOVSKY    OBERTURA  1812 . Op 49 

A Gran armada de Napoleón no 1.812, iniciou a invasión de Rusia. As tropas do zar, nun primeiro momento decidiron replegarse evitando o enfrentamento no campo aberto debido a súa inferioridade no número de tropas e armamento. Finalmente agrupáronse en Borodino e entraron en combate o sete de septembro na que sería unha das batallas máis sangrentas da historia, con máis de 100.000 baixas. Aínda que a victoria foi para o exército francés supuso para eles un elevado coste. Co seu exército mermado e agotado os franceses atoparon libre o camiño cara a un Moscú deshabitado e envolto en chamas polos propios rusos. Sen provisións e fatigados Napoleón veuse obrigado a abandonar Rusia. Na súa retirada, a chegada do duro inverno e os constantes combates coas reorganizadas forzas rusas dezmaron ao exército francés que sufriú unha das máis duras derrotas. 

No 1.880 o zar Alejandro II quiso conmemorar a derrota de Napoleón polo que mandou construir a Catedral do Cristo Salvador de Moscú. Nikolái Rubinstein, director do conservatorio da capital, suxeriú a interpretación dunha peza conmemorativa no acto inaugural da catedral e que se enconmendou ao compositor TCHAIKOVSKY. A intención orixinal do autor era que esta obra fora interpretada ao aire libre na praza diante da catedral, cunha banda de emtais xunto a orquestra, empregando salvas de artillerías e as campás da catedral. Sen embardo, o estreo pospúsose polo asesinato do zar, en marzo de 1.881 e a obra estreouse un ano máis tarde durante a Exhibición de Arte e Industrica pero cunha orquestación convencional. En 1.891 Tchikovsky visita os Estados Unidos e dirixe a obertura na inauguración do Carnegie Hall de Noval York. Dende ese momento a peza convertiuse nun símblo de liberdade e heroísmo e, pese que a composición non ten relación algunha coa cultura americana, habitualmente interprétase nos festexos do día da independencia de EE UU, o 4 de xullo.


A continuación a OBERTURA 1.812, con explicacións.







JOHN  WILLIAMS (1.932)



  Seguro que identifican as bandas sonoras de  ET o extraterrestre, Tiburón, Parque Jurásico, ou as  sagas  de Harry Potter e Star Wars. O creador das mesmas é o compositor JOHN WILLIAMS.

Ao longo da súa carreira JOHN  WILLIAMS obtivo numerosos recoñecemoentos : varios premios Grammy, Globos de ouro e cinco Óscars. 
Naceu en Florar Park (Nueva York), era fillo dun percusionista de jazz. No 1.948 trasládase a Los Ángeles coa súa familia estudiando piano e composición na Universidade de California (UCLA), Tras servir na forza aérea norteamericana, estudia piano en la Julliard School de Nueva York, traballando como pianista de Jazz en clubs e locais públicos. 
Posteriormente regresa a "Los Ángeles" e inicia a súa carreira cinematográfica traballando con importantes compositores e directores.
Obtén o seu primeiro Óscar pola música do cinema "El violinista en el tejado", en 1.971.



 O seu encontro con Spielberg en 1.974 e, posteriormente con George Lucas foron determinantes na súa carreira convertíndose nun dos compositores de bandas sonoras máis importantes da historia.

A caracterización  musical de moitos personaxes vai asociado indisolublemente a súa imaxe. Resulta difícil concebir a Darth Vader sen a súa sombría marcha imperial ou a Superman surcando o ceo sen a espectacular fanfarria que acompaña o seu vó. 

 SUPERMAN (Fanfarria) de John Williams

Agradecemos este vídeo a HD Film Tributes. Publicado o 17 de outubro de 2.015


STAR WARS - Imperial march de John Williams

Agradecemos este vídeo a Darkxmatrix. Subido o 29 de marzo de 2.011


John Williams participa frecuentemente como director invitado de prestixiosas orquestras americanas e ten un amplo catálogo de concertos para solista, obras para diversas formacións de cámara e música de orquestra.

Compuso música para catro xogos olímpicos, e outros programas e series de televisión.

Tema das Olimpiadas "Los Ángeles" 1.984 na inauguración.
Orixinal no que dirixe o propio John Williams.


Agradecemos o vídeo a Paolo Misul. Vídeo do 12 de novembro de 2.010










Ningún comentario:

Publicar un comentario