A primeira Banda Sonora Orixinal da historia do cinema da que se ten constancia foi composta en 1.908 para o cinema francés "O Asesinato do Duque de Guisa". O seu creador foi CAMILE SAINT-SAËNS.
Ese mesmo ano tamén o ruso Mihail Ippolitov-Ivanov compuso outras pezas sinxelas para o cinema "Stenka Razin". Estes dous músicos están considerados coma os precursores da música no cinema.
As súas creacións tiñan o obxectivo de reforzar a expresividade do cinema, de forma que as súas partituras eran interpretadas en vivo e directo con pianos u orquestras completas.
A orquestra de Cámara de Valdivia, dirixida por D. Assaf Leibowitz, interpreta a música da película de Saint-Saëns en directo, mentras o auditorio ve simultaneamente o cinema.
Agradecemos ao director de orquestra Assaf Leibowitz, a publicación deste vídeo, o 6 de abril de 2.015.
MÁIS MÚSICA DE SAINT SAËNS NO CINE
Na película Disney de Fantasía.
Agradecemos a D. Nicolás Paparella este vídeo do 15 de decembro de 2.008
No cinema Babe realizaron unha adaptación da Sinfonía nº 3 en Do m Op 78 do compositor
Camile Saint-Saëns. Escoitemos a música.
No cinema Babe realizaron unha adaptación da Sinfonía nº 3 en Do m Op 78 do compositor
Camile Saint-Saëns. Escoitemos a música.
Agora se queres podes ver o cinema
Ningún comentario:
Publicar un comentario