Dende o ano 1.934 a academia de Cine reúnese no mes de febreiro para a entrega dos premios "Óscar", os máximos premios do cinema.
Os relacionados coa música son á mellor Banda Sonora Orixinal (BSO): . e á mellor canción
Na gala dos Óscar, celebrada o 26 de febreiro de 2.017, ambas nominacións foron para a película LA CIUDAD DE LAS ESTRELLAS (La La Land).
Das catorce nominacións aos Óscar, acadou seis: mellor director: Damien Chazelle, mellor actriz: Emma Stone, mellor fotografía: Linus Sandgren, mellor deseño de producción : David Wasco, mellor banda sonora: Justin Hurwitze, mellor canción orixinal (‘City of stars’): Justin Hurwitz, Benj Pasek e Justin Paul.
Trailer da película en castellano, actualmente está nos cinemas.
A canción gañadora do Óscar foi CITY OF STARS, do cinema LA LA LAND.
Tras facer historia con sete Globos posibles (película comedia ou musical, director, mellor actor e mellor actriz, guión, banda sonora e canción orixinal), a película de Damien Chazelle é un maravilloso homenaxe ao cinema clásico e aos musicais de Hollywood e unha carta de amor a "Los Ángeles" e aos soñadores, como son os os seus protagnonistas : Sebastian (Ryan Gosling), un pianista de jazz que quere montar o seu propio club de jazz tradicional, e Mia (Emma Stone), unha aspirante a actriz que se presenta a todos os castings posibles mentras traballa de camareira en Hollywood.
Agora faremos un percorrido por algúns musicais que inspiraron a Chazelle para o seu cinema. Escolleremos algunha das dezaséis as que fai referencia. Dentro do cinema clásico está a magnífica Casablanca, entre outras.Os vídeos e explicacións completos no blog de cine.
CANTANDO SOBRE LA LLUVIA de Stanley Donen.("Singin" in the Rain", 1.952, Gene Kelly)
Esta versión é con subtítulos en castelán.
Agradecemos este vídeo a oscarias54. Vídeo subido o 21 de novembro de 2.011
Na película de La La Land de Damien Chazelle, atopamos varias referencias: decorados irreais para os números musicais fantasiosos, pasando polas cores vivas que destacan en todo o cinema e tamén a parte satírica sobre a frivolidade do mundo do cinema. Ademais a banda sonora da película gravouse no mesmo lugar en que se gravara a de Donen.
UN AMERICANO EN PARÍS de Vicente Minelli
'La La Land' comparte coa cinta de Minelli ese ton agridulce e desafortunado que persegue os seus protagonistas.
THE YOUNG GIRLS OF ROCHEFORT de Jacques Demy
Agradecemos o vídeo a Gregorio Portilla. Publicado o 2 de setembro de 2.013.
Os números musicais na rúa e o formato panorámico de 'La La Land' son o resultado da clara influencia deste musical clásico francés.
SOMBRERO DE COPA (Top Hat) de Mark Sandrich
Todos, absolutamente todos os dúos que se bailan en 'La La Land' teñen algo de 'Sombrero de Copa' ('Top Hat'1935), unha das películas máis emblemáticas de Fred Astaire e Ginger Rogers. O número musical do anterior video ten similitude co primeiro que comparten Mia e Sebastian: "A Lovely Nigt", que tamén comeza nun banco.
OUTROS PREMIOS QUE TEÑEN QUE VER CO SON
O Óscar á mellor mezca de son no 2.017 foi para Kevin O´Connel, Andy Wright, Robert Mackenzie e Peter Grace polo seu traballo en “Hasta el último hombre”.
O Óscar á mellor edición de son no 2.017 foir para Sylvain Bellemare, por "La llegada".
Ningún comentario:
Publicar un comentario