MÚSICA CINEMATOGRÁFICA
Que é unha banda sonora?
Denomínase cinematográfica a música composta para o cine. Este tipo de música desempeña a dobre función de reforzar o significado das ideas que as imaxes non son capaces de expresar e dando credibilidade a acción.
A parte sonora dunha película denomínase BANDA SONORA: que inclúe tres tipos de sons diferentes:
EFECTOS SONOROS: son aqueles ruidos que deben escoitarse para dar credibilidade á imaxe (pasos ao camiñar, unha rúa con tráfico, a chuvia, ...) Serven para ambientar ou decorar a escea. A crean os especialistas denominados FOLEY.
O termo foley debe o seu nome ao neoirquino Jack foley, o cal desenvolveu moitas das técnicas que se empregan da fase de produción sonora.
Agradecemos este vídeo a Dna Fátima Delgado , que publicou o 2 de abril de 2.014
Así se fan os efectos Foley
Agradecemos o vídeo a Stygma Beast, que publicou o 2 de febreiro de 2.017
A MÚSICA DE FONDO, pretende influir no espectador para que entenda as imaxes. Esta música reforza o significado poético, expresivo e dramático da imaxe.
Os diálogos (locución): pódense gravar nun estudio ou mediante a toma de son directo.
As bandas sonoras "sonorizan" as imaxes e con elo consíguese transmitir ao espectador a paisaxe sonora que da credibilidade a unha escea. O termo BANDA SONORA ORIXINAL (BSO) emprégase para referirse a música que se utiliza nunha película. Hai compositores especializados en música cinematográfica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario