Mercedes Peón (Galicia) está considerada como unha das
mulleres máis carismáticas do circuito da world music actual. Naceu en
1967 e aos 13 años escoitou cantar a varias mulleres da Costa Da Morte. O
tocar da pandeireta e o cantar da ribeirana foi o detonante para
recoller as cancións, bailes, contos e vivencias dos seus contemporáneos
habitantes das aldeas. Transmitiu todo ese coñecemento a través do
ensino, nas escolas municipais, na Televisión Galega, e en Universidades
como La Sorbone, Oporto, País de Gales etc.
É unha das artistas galegas máis destacadas dos primeiros anos do s. XXI. Ten numerosos recoñecementos a nivel internacional no ámbito da música folk:
- 1990, Premio Especial do Xurado, Festival Cidade Vella de Santiago de Compostela.
- 1990, Premio á Autenticidade, Festival Cidade Vella de Santiago de Compostela.
- 2000, Premio Artista do Ano, concedido pola revista Folkworld.
- 2000, finalista Premio Mellor Artista do Ano, polo seu disco Isué, premio que otorga BBC Radio 3.
- 2005, Premio Galega do Ano.
- 2005, Premio Opinión e Galega do Ano.
- 2008, Premio Nacional de Música, que otorga a Xunta de Galicia.
- 2.010, Premio Opinión por SÓS
- 2011, Número 1 da World Music Charts Europe nº 5 na World Music Charts Europe por SÓS
A variedade das súas composicións que arrancan desde a polirrítmia
baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e
descaradamente vibrantes, o seu amplo repertorio, o embruxo e a enerxía
que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller, unha
aposta segura pola continuidade da escena etnocontemporánea en Europa.
Despois de profundizar na tradición durante máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado Isué.
Expresouse libre de clichés, e espallouse polo eido internacional sen
ningún esforzo mediático. Nos seus traballos posteriores – Ajrú no 2004 e
Sihá no 2007 – as súas composicións levárona a unha particular
atmósfera casi rozando o electroacústico, facendo do resultado o seu
sinal distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras.
Os seus últimos traballos están en estreita colaboración con outras
disciplinas como a danza - Composición da música de " O Kiosco das almas
perdidas" do Centro Coreográfico Galego.
Asesoramento sonoro e
composición electroacústica para o espectáculo “Concerto desconcerto” da
compañía Entremáns. Composición de música para a obra “Solo dos” de
Maruxa Salas- ou o cine -composición da música da longametraxe
documental de Margarita Ledo "Liste, pronunciado Lister" e da
curtametraxe “Cienfuegos 1913” da mesma autora-
A finais do 2010, sae o seu cuarto traballo discográfico …---… (Sós),
música de vangarda., catalogado como maduro, fresco, sorprendente,
creativo. Inxeniosa e profundamente conceptual, amósanos unha evolución
ou un momento da sua carreira especialmente brillante. Creado, tocado,
producido e mesturado por ela mesma, …---… , é un exercicio de
microcomposición, onde o resultado final, maior que as partes que o
conforman, erísexe como o traballo máis vangardista e contemporáneo dos
editados ata o momento.
Probablemente o seu tema máis popular sexa o tema principal da serie Mareas vivas ( Emitida na TVG entre 1.998 e 2.002 e posteriormente noutros canles, pero sen obter o éxito que acadara na nosa terra)
GALADAS. Compostela, territorio das mulleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario