luns, 16 de xaneiro de 2017

CONCERTO: A cara feminina da música 2.

Continuamos con información do CONCERTO: A cara feminina da música.


Varias das composicións de Fanny Mendelssohn publicáronse baixo o nome do seu irmán Feliz Mendelssohn, e as de Clara Schumann baixo o nome do seu esposo Robert Schumann.


Desfrutamos escoitando o  Trío do SCHERZO Op. 17  de CLARA SCHUMANN , sendo interpretado con teclado, violín e violonchelo. 

Para trasladarnos ao mundo de jazz , fixemos un pouco de swing, acompañando a melodía con chasquidos no tempos débiles do compás, no segundo e no cuarto tempo.                           Interpretaron BLUES de BILLIE  HOLYDAY co contrabaixo (en pizzicato), batería, guitarra e teclado.Billie Holiday, apodada Lady Day.

Durante moitos séculos estivo prohibido que as mulleres cantaran ou tocaran nas igrexas, e incluso recibiran formación musical.
Aínda hoxe en día podemos comprobar que algunha orquestra como a Filarmónica de Viena non admite a mulleres entre os seus músicos.

Como é complexo entrar no mundo artístico, aínda no seculo vinte, sendo compositora e cantante, Sinead O´Connor  produxo o seu primeiro disco.  Escoitamos a súa obra "IN THIS HEART". A obra foi interpretada con violín, violenchelo e contrabaixo. Sinnead O´Connor
As mulleres seguen na procura de dereitos e igualdade, entre elas destacan tamén Madonna, Shakira.,... 

e Amy Winehouse Os mestres da Escola Municipal de Música de Vigo, interpretan a obra "ME & MR. JONES" con guitarras, teclado, violín, violonchelo e batería.
      Amy Winehouse


A continuación unha mostra do concerto didáctico A CARA FEMININA DA MÚSICA


 
Para concluir os mestres da Escola Municipal de Música de Vigo interpretaron outra obra que fixo as delicias do público e que acompañamos percutindo palmas.
NORABOA A TODOS!










Ningún comentario:

Publicar un comentario