Grazas a colaboración do Concello de Vigo coa Escola Municipal de Música de Vigo, teremos o pracer de acudir o 18 de xaneiro de 2.016 ao Concerto didáctico: A CARA FEMININA DA MÚSICA, no Auditorio Municipal de Vigo.
Seguindo a guía didáctica da Escola Municipal de Música de Vigo, faremos un percorrido musical dende a Idade Media ata o s.XXI.
IDADE MEDIA (s.XII - s. XIV)
No Monasterio cistercience feminino de clausura de Santa María la Real de Las Huelgas, en Burgos, presérvanse 150 libros supervivintes ao paso do tempo, sendo o máis famoso o códice musical manuscrito: o Codes "Las Huelgas".
A música cristiana desta época é esencialmente vocálica e destinada ao culto.
BELIAL
VOCATUR CODEX LAS HUELGAS:
BARROCO (Finais x.VVI a principio do s. XVIII)
BÁRBARA STROZZI . s. XVII
A mais importante compositora
italiana do barroco e cantante soprano.
Escribiu
arias, cantatas, madrigais e duetos.
CHE
SI PUO FARE DE BARBARA STROZZI:
Intérprete: Mariana Flores. (Soprano)
s. XIX
CLARA
SCHUMANN
CLARA SCHUMANN foi unha
destacada pianista e compositora alemana.
Clara foi a gran musa de Schumann, á que inspirou gran parte da súa obra e a intérprete
da mesma. O habitual entre os compositores da época era que eles mesmos
tocaran as
súas propias pezas, pero un problema na man dereita fizo
que Robert Schumann non
poidera interpretalas, por iso facíao a súa dona Clara Schumann, gran pianista.
SCHERZO
OP 17 CLARA
SCHUMANN:
SECCIÓNS
DUN MINUETO OU SCHERZO CON TRÍO
En
primeiro lugar teríamos que aclarar que os minuetos son danzas
binarias AB, na que cada unha das partes se repiten, e dicir AABB.
O
trío xurdiu no seu momento da necesidade de aumentar a duración
destas danzas instrumentais, e non é máis que outro Minueto ou
Scherzo cun carácter diferenciado do 1º.(CCDD)
ESQUEMA
DO SCHERZO
MINUETO /SCHERZO 1 / TRÍO /SCHERZO 2 / MINUETO/SCHERZO I (Sen repetición)
AABB CCDD AB
S. XX
BILLIE HOLYDAY
Eleanora
Fagan Gough, coñecida como BILLIE HOLIDAY e apodada Lady Day, foi unha
cantante estadounidense de jazz. Xunto con Sarah Vaughan e
Ella Fitzgerald, está
considerada entre as máis importantes e
influintes voces femeninas do jazz.
BILLIE,S
BLUES. I LOVE MY MAN. BILLIE HOLIDAY
s. XX - s. XXI
SINEAD O´CONNOR
SINEÁD
Marie Bernadette O'CONNOR é unha cantautora irlandesa. Fíxose famosa pola
súa extraordinaria voz e composicións.
AMY WINEHOUSE
Coñecida como a voz branca do Soul.
Amy
Jade Winehouse, foi unha cantante e compositora inglesa de ascendencia xudea,
destacada polas súas misturas de diversos xéneros musicais,
incluidos entre eles jazz,
R&B, soul e ska.
ME
& MR JONES
MERCEDES PEÓN
Cantante e instrumentista galega,
considerada actualmente unha das voces máis importantes de Galicia.
MARAVILLA
Canta Mercedes Peón. Con subtítulos en portugués
Ningún comentario:
Publicar un comentario