NORABOA a Escola Municipal de Música de Vigo pola guía remitida ao centro e o concerto extraordinario co que nos deleitaron. Dar a NORABÓA ao Concello de Vigo por brindar aos nosos alumnos/as a posibilidade de asistir de xeito gratuito a un concerto didáctico desta calidade.
O concerto comezou coa interpretación no acordeón de "MARAVILLA" de MERCEDES PEÓN. A cantante saiu polo corredor cantando esta fermosa obra para concluíla no esceario. Mercedes Peón
Baixo de lamento (la, sol, fa, mi), que cantamos todos, co apoio do contrabaixo e da cantante. Na interpretación musical de "CHE SI PUO FARE" de BARBARA STROZZI. (Que se pode facer?) vimos e escoitamos a guitarra, o violín o violonchelo e o contrabaixo. Bárbara Strozzi
A continuación a cantante explicounos que iamos escoitar unha composición polifónica chamada MOTETE, o BELIAL VOCATUR do ¨"Códice de las Huelgas". Nun mezclador grabou unha base musical que imos escoitar, e sobre ela vai cantar primeiro con voz de contralto, logo de soprano e para finalizar improvisará. Monasterio de las Huelgas de Burgos
Ao longo da historia as mulleres víronse obrigadas a empregar pseudónimos para entrar na esfera cultural. Un caso recente é o da escritora das novelas de Harry Potter, que comezou a escribir co pseudónimo de Robert Galbraith e posteriormente xa como J. K. Rowling
Ningún comentario:
Publicar un comentario