sábado, 14 de xaneiro de 2017

ACTIVIDADES DE CINE NA CIDADE DA CULTURA

 

        14 e 15 de xaneiro de 2.017
 
Museo Centro Gaiás


Organiza:Cidade da Cultura de Galicia     e   Colabora : Cinética

Entradas

Proxeccións: entrada libre e gratuita ata completar aforo.
Talleres cinematográficos: 3€. (niño + adulto).

Info práctica

Para nenos de 5 a 13 años.
Horarios:
  • Sábado, 14 de enero: De 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas.
  • Domingo, 15 de enero: De 11 a 14:30 horas.
Os rapaces de 5 a 13 anos terán este mes de xaneiro no Gaiás o seu propio festival de cine: PequeFilmes,  con proxeccións, votacións, primios do público e talleres cos que descubrir a maxia do séptimo arte.
Durante a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro de 2.016, o Museo Centro Gaiás proxectará un total de 40 curtometraxes de animación destinados a dúas franxas de idades: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos, co obxectivo de que cada grupo de público teña unha proposta axeitada a súa idade, intereses e gustos.
Os curtos seleccionados ofrecen unha pluralidade de temas, puntos de vista e historias, incidindo en numerosos aspectos sociais e éticos sen perder de vista nunca a diversión. Despois do cine,  cada neno poderá valorar a película, de forma que ao final do festival concederase un premio aos curtos que máis gustaron facendo do público un espectador de cine crítico e curioso.
Xunto as proxeccións  Pequefilmes ofrece un total de catro talleres formativos cos que os nenos poderán descubrir o funcionamento do cine dunha forma lúdida e práctica ao mesmo tempo: Taller de Stop Motion en Cartulina, Taller de Mesa de Luz, Taller de Stop Motion en Plastilina y Taller de Sonorización


Máis información de cada un dos talleres, clicando neles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario