martes, 31 de xaneiro de 2017

CELEBRAMOS A PAZ

Con motivo do día da paz no CEIP Eduardo Pondal de Vigo, realizaremos un acto no que implicámonos todos:
- Unha introdución con mensaxes alusivos á paz, por cursos.
- Un cartel individual, de como fomentar á paz cada día entre nós: na escola, no barrio, na familia, ...no mundo.
 - Cantigas interpretadas por todos:

A cantiga de inglés, organizada pola mestra Dna Marisol García e o mestre de conversa D. Hellet
 Kid´s Peace Song. 


                           Do libro De Mamá Cabra e Carmen Gil, cantamos e bailamos  O baile da PAZ.

Coa colaboración e axuda inestimable de Dna María Fernández C, mestra de 2º e 3º de educación primaria, que ao non poder estar eu persoalmente, fíxose cargo da actividade, realizando unha tarefa extraordinaria.
 





                        Noutros lugares a situación é moi dura e complexa e somos conscientes delas:


 
Canta Morgana como solista e acompañan as tres Irenes, Berta e Iris, de 6º de Primaria del CEIP Francisco Pino de Valladolid.Publicado o 19 de xaneiro de 2.017.


En Colombia a situación tamén é moi complexa dende hai tempo. 
Un nutrido grupo de músicos reuníronse para lanzar esta canto SOY CAPAZ e perseguir a paz no seu país.

Publicado o 16 de septembro de 2.014
Los artistas de Colombia se unen para decir #soy capaz.

Un paso hacia la paz
Letra: Carlos Vives
Música: Carlos Vives-Andrés Castro.

Participan: Adriana Lucía, Alfredo Gutierrez, Andrea Echeverry, Andrés Cepeda, Ati Geunnara, Bako (The Mills), Buxxi, , Camilo Echeverry, Carlos Vives, Cholo Valderrama, Daniel Dangong, Dino (Rancho Aparte), Don Tetto, Donny Caballero, Dragón Rojo, Egidio Cuadrado, Elsy Valencia, Fanny Lu, Fonseca, Galy Galiano, Goyo (Chocquibtown), Gusi, Gustavo García, Ilona, Jiggy D, Jimmy Zambrano, Jorge Celedón, Juanes, Kevin Florez, Leonor Gonzalez Mina, Los Traviesos, Maía, Marbel Cortés, Maria Mulata, Mario (Doctor Krápula), Maluma, Mauricio (Palo de Agua), Mayte Montero, Miller Landy Figueroa, Nicolás Mayorca, Pescao Vivo, Petrona Martinez, Pipe Bueno, Pipe Calderón, Piso 21, Santiago Cruz, Silvestre Dangond, Superlitio, Tostao (Chocquibtown), Totó la Momposina, Yamile Cortés, Zully Murillo.


Producido por Andrés Castro, Carlos Vives , Iván Benavides.
Grabado en: Tigo Music Studios (by Audiovisión)- Bogotá, Groove Studios-Bogotá, José Aguirre Producciones- Cali, Estudio Juanes (Miami).

Video:
Director: Camilo Quimbayo
Director fotografía: Diego Cuellar
Cámaras: Camilo Quimbayo, Diego Cuellar, Alexandra Posada, José Varón, Pablo García
Edición: Alexandra Posada
Postproducción: Ricardo Bermúdez, Carolina Añez, Sergio Preciado, (RCN TV)


Equipo técnico: RCN y Caracol Televisión.

Producción ejecutiva: Villalon EC, Marc de Beaufort, Alexandra Posada, Iván Benavides.


Agradecer a todos a súa colaboración, e que cada un de nós sembre paz .

domingo, 22 de xaneiro de 2017

Construye la PAZ cada día, durante toda tu vida.



Cada uno de nosotros crea y construye la paz cada día: en la escuela, en la familia, en el barrio.

 Agradecemos el  poema de la paz,  que fue seleccionado de internet, pero dezconozco quién es el autor.


Conviértete en un constructor de paz, durante todo el año y toda tu vida. 



Agradecemos a Dña Virginia López Estríngana, la composición y el   vídeo anterior, subido por

REQUETECORCHEAS el  25 de agosto de 2.014 .



Cos alumnos de 2º e 3º de educación  primaria realizamos un libro co título CONSTRUIMOS A PAZ 




sábado, 21 de xaneiro de 2017

Mercedes Peón e o cinema

Mercedes Peón (Galicia) está considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuito da world music actual. Naceu en 1967 e aos 13 años escoitou cantar a varias mulleres da Costa Da Morte. O tocar da pandeireta e o cantar da ribeirana foi o detonante para recoller as cancións, bailes, contos e vivencias dos seus contemporáneos habitantes das aldeas. Transmitiu todo ese coñecemento a través do ensino, nas escolas municipais, na Televisión Galega, e en Universidades como La Sorbone, Oporto, País de Gales etc.

 É unha das artistas galegas máis destacadas dos primeiros anos do s. XXI. Ten numerosos recoñecementos a nivel internacional no ámbito da música folk:
  • 1990, Premio Especial do Xurado, Festival Cidade Vella de Santiago de Compostela. 
  • 1990, Premio á Autenticidade, Festival Cidade Vella de Santiago de Compostela.
  • 2000, Premio Artista do Ano, concedido pola revista  Folkworld.
  • 2000, finalista Premio Mellor Artista do Ano, polo seu disco Isué, premio que otorga BBC Radio 3.
  • 2005, Premio Galega do Ano.
  • 2005, Premio Opinión e Galega do Ano.
  • 2008, Premio Nacional de Música, que otorga a Xunta de Galicia.
  • 2.010, Premio Opinión por SÓS
  • 2011, Número 1 da World Music Charts Europe nº 5 na World Music Charts Europe por SÓS




A variedade das súas composicións que arrancan desde a polirrítmia baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes, o seu amplo repertorio, o embruxo e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller, unha aposta segura pola continuidade da escena etnocontemporánea en Europa.
Despois de profundizar na tradición durante máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado Isué.

Expresouse libre de clichés, e espallouse polo eido internacional sen ningún esforzo mediático. Nos seus traballos posteriores – Ajrú no 2004 e Sihá no 2007 – as súas composicións levárona a unha particular atmósfera casi rozando o electroacústico, facendo do resultado o seu sinal distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras.

Os seus últimos traballos están en estreita colaboración con outras disciplinas como a danza - Composición da música de " O Kiosco das almas perdidas" do Centro Coreográfico Galego. 




Asesoramento sonoro e composición electroacústica para o espectáculo “Concerto desconcerto” da compañía Entremáns. Composición de música para a obra “Solo dos” de Maruxa Salas- ou o cine -composición da música da longametraxe documental de Margarita Ledo "Liste, pronunciado Lister" e da curtametraxe “Cienfuegos 1913” da mesma autora-


A finais do 2010, sae o seu cuarto traballo discográfico …---… (Sós), música de vangarda., catalogado como maduro, fresco, sorprendente, creativo. Inxeniosa e profundamente conceptual, amósanos unha evolución ou un momento da sua carreira especialmente brillante. Creado, tocado, producido e mesturado por ela mesma, …---… , é un exercicio de microcomposición, onde o resultado final, maior que as partes que o conforman, erísexe como o traballo máis vangardista e contemporáneo dos editados ata o momento.


Probablemente o seu tema máis popular sexa o tema principal da serie Mareas vivas ( Emitida na TVG entre 1.998 e 2.002 e posteriormente noutros canles, pero sen obter o éxito que acadara na nosa terra)



GALADAS. Compostela, territorio das mulleres.
Galadas é un espectáculo creado por Mercedes Peón, coa colaboración de Janet Novás, Mónica de Nut, Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Ana García e as Tocadoras de Toutón e Gargamala con motivo da presentación de ‘Compostela, Territorio de Mulleres’ un proxecto da Concellaría de Igualdade do Concello de Compostela, deseñado por Uqui Permui contra A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Publicado en marzo de 2.016 por Uqui  Multimedia.

    luns, 16 de xaneiro de 2017

    CONCERTO: A cara feminina da música 2.

    Continuamos con información do CONCERTO: A cara feminina da música.


    Varias das composicións de Fanny Mendelssohn publicáronse baixo o nome do seu irmán Feliz Mendelssohn, e as de Clara Schumann baixo o nome do seu esposo Robert Schumann.


    Desfrutamos escoitando o  Trío do SCHERZO Op. 17  de CLARA SCHUMANN , sendo interpretado con teclado, violín e violonchelo. 

    Para trasladarnos ao mundo de jazz , fixemos un pouco de swing, acompañando a melodía con chasquidos no tempos débiles do compás, no segundo e no cuarto tempo.                           Interpretaron BLUES de BILLIE  HOLYDAY co contrabaixo (en pizzicato), batería, guitarra e teclado.Billie Holiday, apodada Lady Day.

    Durante moitos séculos estivo prohibido que as mulleres cantaran ou tocaran nas igrexas, e incluso recibiran formación musical.
    Aínda hoxe en día podemos comprobar que algunha orquestra como a Filarmónica de Viena non admite a mulleres entre os seus músicos.

    Como é complexo entrar no mundo artístico, aínda no seculo vinte, sendo compositora e cantante, Sinead O´Connor  produxo o seu primeiro disco.  Escoitamos a súa obra "IN THIS HEART". A obra foi interpretada con violín, violenchelo e contrabaixo. Sinnead O´Connor
    As mulleres seguen na procura de dereitos e igualdade, entre elas destacan tamén Madonna, Shakira.,... 

    e Amy Winehouse Os mestres da Escola Municipal de Música de Vigo, interpretan a obra "ME & MR. JONES" con guitarras, teclado, violín, violonchelo e batería.
          Amy Winehouse


    A continuación unha mostra do concerto didáctico A CARA FEMININA DA MÚSICA


     
    Para concluir os mestres da Escola Municipal de Música de Vigo interpretaron outra obra que fixo as delicias do público e que acompañamos percutindo palmas.
    NORABOA A TODOS!










    CONCERTO : A cara feminina da música 1





    NORABOA a Escola Municipal de Música de Vigo pola guía remitida ao centro e o concerto extraordinario co que nos deleitaron. Dar a NORABÓA ao Concello de Vigo por brindar aos nosos alumnos/as a posibilidade de asistir de xeito gratuito a un concerto didáctico desta calidade.





    O concerto comezou coa interpretación no acordeón de "MARAVILLA" de MERCEDES PEÓN. A cantante saiu polo corredor cantando esta fermosa obra para concluíla no esceario.  Mercedes Peón
    Baixo de lamento (la, sol, fa, mi), que cantamos todos, co apoio do contrabaixo e da cantante. Na interpretación musical de "CHE SI PUO FARE" de BARBARA STROZZI. (Que se pode facer?) vimos e escoitamos a guitarra, o violín o violonchelo e o contrabaixo. Bárbara Strozzi

    A continuación a cantante explicounos que iamos escoitar unha composición polifónica chamada MOTETE, o BELIAL VOCATUR do ¨"Códice de las Huelgas". Nun mezclador  grabou unha base musical que imos escoitar, e sobre ela vai cantar primeiro con voz de contralto, logo de soprano e para finalizar improvisará. Monasterio de las Huelgas de Burgos
     
    Ao longo da historia as mulleres víronse obrigadas a empregar pseudónimos para entrar na esfera cultural. Un caso recente é o da escritora das novelas de Harry Potter, que comezou a escribir co pseudónimo de Robert Galbraith e posteriormente xa como J. K. Rowling
    Joanne Rowling

    domingo, 15 de xaneiro de 2017

    Próximamente Concerto didáctico: A cara feminina da música.


    Grazas a colaboración do Concello de Vigo coa Escola Municipal de Música de Vigo, teremos o pracer de acudir o 18 de xaneiro de 2.016 ao Concerto didáctico: A CARA FEMININA DA MÚSICA, no Auditorio Municipal de Vigo.

    Seguindo a guía didáctica da Escola Municipal de Música de Vigo, faremos un percorrido musical dende a Idade Media ata o s.XXI. 

    IDADE MEDIA (s.XII - s. XIV)

    No  Monasterio cistercience feminino de clausura de Santa María la Real de Las Huelgas, en Burgos, presérvanse 150 libros supervivintes ao paso do tempo, sendo o máis famoso o códice musical manuscrito: o Codes "Las Huelgas".




    A música cristiana desta época é esencialmente vocálica e destinada ao culto.

    BELIAL VOCATUR CODEX LAS HUELGAS: 




    BARROCO (Finais x.VVI a principio do s. XVIII)


    BÁRBARA STROZZI . s. XVII

    A mais importante compositora italiana do barroco e cantante soprano.
     Escribiu arias, cantatas, madrigais e duetos.
     
    CHE SI PUO FARE DE  BARBARA STROZZI: 
      Intérprete: Mariana Flores. (Soprano)



    s. XIX
    CLARA SCHUMANN


      CLARA SCHUMANN foi unha destacada pianista e compositora alemana.

    Clara foi a gran musa de Schumann, á  que inspirou gran parte da súa obra e a intérprete 
    da mesma. O habitual  entre os compositores da época era que eles mesmos tocaran as 
    súas propias pezas, pero un problema na man dereita fizo que Robert Schumann non 
    poidera interpretalas, por iso facíao a súa dona Clara Schumann, gran pianista.
    SCHERZO OP 17 CLARA SCHUMANN:






    SECCIÓNS DUN MINUETO OU SCHERZO CON TRÍO

    En primeiro lugar teríamos que aclarar que os minuetos son danzas binarias AB, na que cada unha das partes se repiten, e dicir AABB.

    O trío xurdiu no seu momento da necesidade de aumentar a duración destas danzas instrumentais, e non é máis que outro Minueto ou Scherzo cun carácter diferenciado do 1º.(CCDD)



    ESQUEMA DO SCHERZO


    MINUETO /SCHERZO 1    /  TRÍO /SCHERZO 2     /   MINUETO/SCHERZO I (Sen repetición)
            AABB                                          CCDD                                      AB


    S. XX

    BILLIE HOLYDAY



    Eleanora Fagan Gough, coñecida como BILLIE HOLIDAY e apodada Lady Day, foi unha 
    cantante estadounidense de jazz. Xunto con Sarah Vaughan e Ella Fitzgerald, está 
    considerada entre as máis importantes e influintes voces femeninas do jazz.


    BILLIE,S BLUES. I LOVE MY MAN. BILLIE HOLIDAY




    s. XX - s. XXI

    SINEAD O´CONNOR



    SINEÁD Marie Bernadette O'CONNOR é  unha cantautora irlandesa. Fíxose famosa pola 
    súa  extraordinaria voz e composicións.
    IN THIS HEART . SINEAD O CONNOR. 









    AMY WINEHOUSE 

     
    Coñecida como a voz branca do Soul.

    Amy Jade Winehouse, foi unha cantante e compositora inglesa de ascendencia xudea, 
    destacada polas súas misturas de diversos xéneros musicais, incluidos entre eles  jazz,
     R&B, soul e ska.

    ME & MR JONES 


    MERCEDES PEÓN
    Cantante e instrumentista galega
    considerada actualmente unha das voces máis importantes de Galicia.

    MARAVILLA

    Canta Mercedes Peón. Con subtítulos en portugués