"Buscando unha estrela" pertence ao disco O Quiquiriquí: Cancións para o
Nadal.
Este disco foi producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e os Estudios Casa de Tolos e coeditado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e PAI-Música.
Vídeo subido por PAI Música o 15 de xaneiro de 2.007
Interpretando el mesmo a panxoliña ·BUSCANDO UNHA ESTRELA,
na TVG, no programa Heicho cantar.
Publicado o 21 de xuño de 2.016 en youtube por
Músicas do país.
Cantautor galego nado na Garda en 1.972.
Deixa o grupo A Roda en 1.997 e comeza a súa andaina en solitario. O seu repertorio consta de adaptacións de pezas populares coa voz de grandes poetas. Ten cantigas de poemas de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Xavier Seoane, María Campo, Bernardiño Graña,...
Nos seus concertos podemos disfrutar e velo tocar a zanfona, a gaita, a guitarra e distintos instrumentos de percusión.
Para ESCOITAR e coñecer mellor a este artista, clica en escoitar, alí tes a posibilidade de coñecer máis datos da súa biografía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario