mércores, 21 de decembro de 2016

PACO DE LUCÍA: GUITARRISTA, compositor e actor


Google realiza hoxe, 21 de decembro de 2.016, unha homenaxe ao guitarrista Paco de Lucía, de  tres xeitos diferentes : un doodle temático, que será o último do ano, e que poderá desfrutarse en  España e en todos os países de Latinoamérica, unha exposición na plataforma en Google Arts and Culture sobre o músico flamenco e un concerto na súa ciudade natal (Algeciras), interpretado polos seus sobrinos, José María Banderas e Antonio Sánchez. 
O compositor de "Entre dos aguas", foi considerado por moitos o mellor guitarrista da historia da música española. Con este tema acadou recoñecemento mundial e permitiulle internacionalizar o flamenco e ademáis fusionalo con outras correntes musicais como o jazz, realizando colaboracións con artistas desta corrente como Carlos Santana e Al Di Meola. 

A continuación interpretacións únicas de PACO DE LUCÍA TOCANDO A GUITARRA


  ENTRE DOS AGUAS de D. PACO DE LUCÍA


 Subido o 18 feb. 2007 por KayoooS


CONCIERTO DE ARANJUEZ - Movemento Adagio. 
Obra do maestro D. JOAQUÍN RODRIGO 

 
     Subido o 24 de xullo de 2.011 a youtube por Jumacocar
 

Unímonos a esta homenaxe relacionando o PROXECTO DO CINE da Biblio Crocaio, coa súa vida.

Creador de bandas sonoras e actor:

As mellores bandas sonoras de PACO DE LUCÍA

“La Sabina” (1978  ou 1.979, dependendo das fontes consultadas), de José Luis Borau.
No seguinte vídeo escoitamos unha melodía das máis fermosas da película chamado Tema de Amor.
 
 "La Sabina", un cinema sueco-español. Argumento: Un inglés viaxa a Andalucía, onde escoita falar de "La Sabina", unha muller dargón; atrapado polo mito vai en busca dela cambiando a súa vida por completo".

 "CARMEN"(1.983)
É unha adaptación da ópera Carmen de Bizet ao flamenco, dirixida por Carlos Saura. Nela aparecen grandes figuras da danza como Cristina Hoyos e Antonio Gades. A música do film foi composta en parte por Paco de Lucía, que aparece brevemente improvisando unhas bulerías.


 "The Hit" (1.984)
Film británico, dramático, dirixido por Stephen Frearsy protagonizado por John Hurt, Terence Stamp e Tim Roth. Paco de Lucía compuso a banda sonora orixinal para a película, para a que contou coa colaboración, de Eric Clapton y Roger Waters.


Para máis información sobre outras bandas sonoras ir á páxina de referencia de Tania Fernández en http://www.vix.com/es/btg/cine/7342/las-mejores-bandas-sonoras-de-paco-de-lucia


A  súa primeira irrupción como actor de cine, interpretándose a si mesmo, foi  en “Carmen”, de Carlos Saura (1985), protagonizada polo seu amigo Antonio Gades. Con Carlos Saura e con Juan Lebrón como productor filmaría “Sevillanas” (1990), en donde actúa xunto ao seu compadre Manolo Sanlúcar, así como en “Flamenco” e "Flamenco, Flamenco".  Protagonista do documental “Francisco Sánchez, Paco de Lucía”, dirixido por Daniel Hernández con producción de Pablo Usón, pouco antes da súa morte, a comenzos de 2014, o seu fillo  Curro Sánchez terminaba de editar “Paco de Lucía, La Búsqueda”, un documental que obtería un Goya. Paco aparece como personaxe de ficción na película “Camarón” (2005), de Jaime Chávarri,  interpretando o seu  papel Raúl Rocamora. 


 Trailer da cinema LA BÚSQUEDA, editada polo seu fillo Curro.

Película Nominada a Mellor Película Documental
nos Premios PLATINO 2015, e que acadou un GOYA.
 
O cinema LA BÚSQUEDA  relata toda a traxectoria do xenial guitarrista PACO DE LUCÍA,  a través de varias entrevistas realizadas entre 2010 e 2014. Un percorrido vital que iníciase a primeira vez que Paco colle unha guitarra na súa casa de "Algeciras" (con 7 anos) e culmina coa composición do seu último disco Canción Andaluza. Máis de 60 anos de búsqueda, de investigación musical, de ir más alá do establecido, facendo que o flamenco pasara de marxinal a ser recoñecido universalmente. Agradecemos o vídeo a  PREMIOS PLATINO, que o subiu a  youtube o 5 de xuño de 2.015
Información de Google Arts & Culture.

Cinema da BIOGRAFÍA DE PACO DE LUCÍA.
O noso agradecemento a Ahmed Al Fatah que o incorporou a youtube o 3 de marzo de 2.013



A todos os que aportaron a información e os vídeos o noso agradecemento. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario