mércores, 28 de decembro de 2016

MUSICAIS "Red Rock Caperucita" e "El mago de Oz" en Vigo


O 17 de xaneiro de 2.017 as 19.30 horas no teatro A FUNDACIÓN, poderedes ver este musical baseado na personaxe de "Caperucita Roja".
Nesta versión musical, Caperucita soña con ser unha estrela do ROCK & Roll.





Curto de Caperucita Roja, onde están tamén os tres porquiños.


O 28 de xaneiro de 2.017, as 17:30 horas no teatro A FUNDACIÓN, teredes ocasión de desfrutar co musical "EL MAGO DE OZ".


Dorothy vive en Kansas coa súa tía Emma e os seus amigos Hunk, Leo e Oliver ata que, de repente, un furacán transporta a Dorothy ao máxico mundo de OZ. Para voltar ao seu fogar, a fada Glinda guía a Dorothy polo camiño das Baldosas Amarelas ata Cidade Esmeralda, onde vive o mago de Oz, que é capaz de conceder calquera desexo. Polo camiño vaise atopando a novos amigos que lle axudan a derrotar a malvada Bruxa do Oeste e chegar ata o mago de Oz.
O mago de Oz explícalle a Dorothy que a verdadera maxia e a capacidade de cumplir os desexos está no noso interior.

Para estar ao tanto de actividades de ocio en Vigo http://ocioengalicia.com/vigo/

Un fragmento dos desexos da película "EL MAGO DE OZ"

Ningún comentario:

Publicar un comentario