Faremos referencia a grupos de baile relevantes galegos e que podemos identificar cos
BAILES DE RAÍZ.
Chámanse baile de raiz aos grupos cuio ámbito de actuación céntrase na
preservación, recuperación, estudio ou exhibición do folklore galego,
en materia de danza.
Aparecen por ano de formación de cada un dos grupos.
CANTIGAS E AGARIMOS
A Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela
fundouse nesta cidade no ano 1921 por iniciativa de Bernardo del Río
Parada, Salvador Cabeza de León, Enrique Sánchez Guerra e Camilo Díaz
Baliño, sendo unha das agrupacións máis antigas adicadas ó folclore
galego. Dende a súa fundación, Cantigas e Agarimos estivo adicada á
recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega,
traballando activamente na consolidación da identidade cultural de
Galicia.
O grupo de baile de
Cantigas tivo unha aparición posterior con respecto ó coro, no ano 1969.
Non por este motivo quedou atrás: hoxe en día é un dos grupos de baile
tradicional máis recoñecidos de Galicia, tendo como obxectivo a
investigación e interpretación do noso folclore evitando que rompa a
cadea de transmisión. O grupo realiza un importante traballo de
recuperación de bailes, músicas, traxes, etc por todo o país, que se
volven a presentar ante o pobo intentando ser fieis ós orixinais. Na
actualidade, o grupo de baile está composto por persoas que na súa
maioría foron formadas na Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos.
Grupo C de cantigas e Agarimos. 1ª premio Azaloira 2017
Agradecemos o video a Jan A. Glez Pintos, publicado o 28/05/2.017
Para máis información Cantigas e agarimos.
LEMBRANZAS GALEGAS
LEMBRANZAS GALEGAS fúndase no 1.963. En 1.974 faise cargo da dirección D. Emilio Sotelino, sendo fundador como bailarín. A partires dese ano comeza unha nova etapa, na que o grupo fórmase para participar nos grandes festivais internacionais de Europa e España. O seu traballo vai encamiñado a facer e formar bailaríns coa calidade necesaria para situalo durante anos coma un dos mellores grupos de danza tradicional galega.
A Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas foi elexida no ano 2.017 coma membro do "Consejo Internacional de Danza (CID) de la UNESCO". O grupo de Vigo, entra así nun organismo
internacional do que forman parte grupos, artistas, escolas,
asociacións, fundacións, universidades e institucións culturais de 150 países.
"El Consejo Internacional de Danza" fundouse en París en 1973
para integrar nun círculo internacional aos mellores representantes
da danza de distintos países, englobando diferentes estilos. Cada ano os membros do CID propoñen a grupos de todo o mundo, baseándose nunha experiencia previa (observación directa nalgún festival
internacional ou referencias mediante vídeos ou éxitos dos candidatos) e
son elexidos en base a uns estándares de calidade artística.
Lembranzas Galegas
50 Aniversario - Jota de Acevedo
Agradecemos o video a Enrique Urdiales, publicado o 19/11/2013
Para máis información do grupo Lembranzas galegas
Que é Xacarandaina?
Agradecemos o video a CanleXacarandaina, publicado o 29/04/2010
Xacarandaina, nace no ano 1.978 : investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo do arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo.
Galizien Amerika Linie
Galizien Amerika Linie é un espectáculo que pretende achegar ao público
ese fenómeno importantísimo da nosa historia contemporánea máis recente:
a emigración.
De todos é sabido que os galegos fomos un pobo emigrante, pero aínda que
nos toca a todos de preto, non somos o suficientemente conscientes do
drama que supuxo aquel éxodo, e menos conscientes somos aínda da
importancia económica e cultural que eses emigrantes tiveron para coa
súa terra e o amor que lle dispensan, a cambio de nada, desde a
distancia.
Xacarandaina presenta así un espectáculo no que se mestura a propia
actuación do Grupo cos seus bailes, danzas, músicas, vestiarios e posta
en escena con deseño de luz, deseño espazo sonoro e audiovisual,
mesturando así a arte tradicional coas novas tecnoloxías, facendo de
"Galizien Amerika Linie" algo novidoso e único dentro do abano dos
espectáculos feitos Galicia.
Agradecemos o video a CanleXacarandaina, publicado o 10/12/2.013
Para máis información sobre Xacarandaina
ASOCIACIÓN CULTURAL FOLCLÓRICA "O FIADEIRO"
A Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro (ACF O Fiadeiro)
nace no ano 1.996 co propósito de recoller, conservar e transmitir ás
novas xeracións o legado da cultura inmaterial da tradición galega.
O Fiadeiro no programa nº 6 Alalá da TVG
Agradecemos o video a AlaláTVG, publicado o 15/12/2.014
Jota e muiñeira de Silvela - ACF O Fiadeiro 06/01/2.012
Agradecemos o video a ACF O Fiadeiro, publicado o 10/01/2.012
Para máis información O Fiadeiro
XOC : Xacarandaina-O Fiadeiro-Cantigas e Agarimos
Participación no programa 1000 do Luar de tres das mellores agrupacións
folclóricas da Galiza.
Estas tres agrupacións levan moitos anos recuperando e divulgando con
diferentes espectáculos as músicas e os bailes máis tradicionais da
terra galega.
Hai anos decidiron asociarse para formar o colectivo XOC para, entre
outras cousas, presentar e defender ante a UNESCO a candidatura do baile
e da música tradicional galega como "Patrimonio Inmaterial da
Humanidade"
Agradecemos o video a Miguel, publicado o 29/10/2.015
Ningún comentario:
Publicar un comentario