sábado, 2 de xuño de 2018

A danza en Galicia


O baile tivo sempre moita importancia na vida de Galicia, non habendo practicamente festa ou xuntanza de amigos que non rematara con algún. Os que conservamos na nosa tradición son abundantes e variados, case sempre con acompañamento vocal e instrumental.
Chamamos bailes de entretemento a aqueles que teñen como finalidade a propia diversión durante os tempos de lecer, sen outra intención que non sexa a de disfrutar bailando. 
As danzas son bailes que teñen un desenvolvemento e unha coreografía determinada que hai que seguir, sen apenas lugar á improvisación.
  • BAILES:

    A MUIÑEIRA

    •  
      Agradecemos o video a yyemanya, publicado o 01/04/2008 

      Agradecemos o video a (zaixega) Folk Dances Aroun the World, publicado o 15/ 08/2.011


      • Muiñeira. É o baile máis popular de Galicia, coñecido tamén fóra das nosas fronteiras. De tempo rápido e vivo, ten ritmo binario en 6/8 e é bailada por parellas mixtas ao son das gaitas e da percusión. Normalmente hai un guía no baile que indica os puntos que se han de bailar, os cales son repetidos polo resto de bailaríns, seguidos do característico paseo en círculo. A estrutura da muiñeira non é fixa, pois vaise improvisando segund saen puntos e voltas, que van sempre intercalados. Ao ser tan popular, existen numerosas variantes locais: a carballesa (moi rápida e viva), o contrapaso (bailada en roda por numerosas parellas), a chouteira (con grandes saltos), a ribeirana (o home fai alarde da súa enerxía con vistosos puntos e saltos mentres a muller adopta un papel máis dócil) e a redonda (cos músicos dentro da roda dos bailadores), son diferentes tipos de muiñeira.   

        A XOTA

       
      Agradecemos o video a Lembranzas Galegas, publicado o 04/10/2017

      • Xota. O da xota é un ritmo presente noutras partes da península, aínda que xa está moi asimilado pola nosa cultura. Ten ritmo ternario, en 3/4 ou 3/8, e interprétase de modo máis pausado que a muiñeira, así como sen tantos desprazamentos. Bailada por parellas mixtas, nas que a muller realiza os puntos  que marca o home, as máis das veces componse de descanso, punto e volta. 

        OS AGARRADOS: Polkas, mazurcas, pasodobles.

      • Os agarrados (bailes procedentes de fóra de Galicia que esixen de contacto físico como polkas, mazurcas e pasodobles), os bailes infantís e os bailes das festas populares e de traballo (como o do magosto, que serve para festexar a recollida da castaña), constitúen unha boa mostra da variedade de bailes presentes na nosa terra, ademais da xota e da muiñeira.


  • DANZAS:

    • Danzas gremiais e procesionais. Son bailadas polos membros dos gremios de traballadores ou patrocinadas por eles. Teñen unha orixe laica, aínda que en moitos casos a igrexa asimilounas como propias para honrar aos seus santos. A Danza dos Arcos dos mariñeiros en Betanzos ou as Danzas de Paus dos xastres en Allariz son danzas gremiais.

    DANZA GREMIAL DE BETANZOS

     Agradecemos o video a Galiciaenteira.com, publicado o 06/1072015 


    •  
      Danzas relixiosas. Están relacionadas co rito católico, como é o caso das danzas de Reis, Nadal e Aninovo.
      • DANZA DE SAN SEBASTIÁN DE ALDÁN

        La "Danza de San Sebastián" tiene lugar cada 20 de enero en Aldán, coincidiendo con la festividad de este santo, en el Atrio de la Iglesia de San Cibrán de Aldán. Este baile tiene la consideración de danza ancestral ya que existe documentación que prueba que se bailaba ya en 1.678, (lo que significa que en el año 2003 cumplió 325 años ininterrumpidos de vida) fecha en la que se constituyó la cofradía del Santo y quedó constancia de que el mayordomo fue Joseph Francisco de Gayoso y Aldao, antepasado de los condes de Canalejas.  
        Agradecemos o video a Benigno Rodríguez, publicado o 25/03/2.016

        BAILE DAS ESPADAS EN REDONDELA

        Con motivo da festa do Corpus, en Redondela realízanse as alfombras de flores e realízase o baile tradicional das espadas.  

        Agradecemos o video a Thomas Lopez Schwarz, publicado o 17/06/2017   
      •  
      • Danzas nupciais. Interprétanse nos casamentos, antes ou despois dos mesmos. Destaca a regueifa, bailada polos propios noivos e na que a muller leva un pan sobre a cabeza para ser repartido ao final entre os convidados. 
      • BAILE DA REGUEIFA EN BUEU

      • Danza ceremonial de boda tradicional galega. Agradecemos o video a Rubén Bastón, publicado o 04/05/2014
      •  
         
      • Danzas funerarias. Empregábanse para homenaxear ao finado, normalmente de boa posición. Na danza do abellón, unha roda de persoas xira ao redor da persoa morta imitando coa voz o son das abellas. 
      • Danza do galo. O home galantea cun grupo de mulleres, bailando diante delas de modo lucido e vistoso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario