O Ballet Galego Rey de Viana naceu como proxecto persoal do coreógrafo e bailarín José Manuel Rey de Viana (1923-1995).
Xunto coa súa esposa, a bailarina Victoria Canedo, Rey de Viana puxo en marcha a mediados dos 50 o Ballet que levaría a danza galega a escenarios de todo o mundo.
As décadas dos 60 e 70 foron as de maior esplendor da formación, que recibía
eloxios polas súas representacións e coidadas postas en escena, pola que
recibiu numerosos premios internacionais.
José Manuel Rey de Viana tamén foi obxecto de abundantes distincións
persoais, sobresaíndo a concesión no 1994 da Medalla Castelao, en recoñecemento
ao seu labor de promoción da cultura galega.A mestura do baile clásico coas danzas tradicionais de Galicia serán o seu obxectivo e a súa marca de éxito.
O bailarín escribiu máis de corenta obras para o seu ballet, sendo a mestura de baile clásico coas danzas tradicionais de Galicia, a principal característica e motivo do seu grande éxito.
A colección Rey de Viana da biblioteca consta de 78 partituras, entre as que destaca Namorados (P-69/25), do propio José Manuel Rey de Viana.
Agradecemos a información anterior da Biblioteca Provincial da Coruña.
Foto de 1971 de Victoria Canedo con varias bailarinas.
VERBAS GARIMOSAS
Agradecemos o video a Luisal Luisa, publicado o 10/05/2012
O AFIADOR
Agradecemos o video a Luisal Luisa, publicado o 11/05/2012
NEGRA SOMBRA
Agradecemos o video a Mg G, publicado o 08/05/2012
Ningún comentario:
Publicar un comentario