The Piano Guys é un grupo musical estadounidense, de Utah, formado
por Jon Schmidt (Piano e composición), Steven Sharp Nelson (Violonchelo e
Composición), Paul Anderson (Filmación de Vídeos), Al van der Beek
(Edición e grabación).
Realizan
interpretacións de piano e violonchelo de música clásica, bandas sonoras
e de fusión con música pop e rock.
O obxectivo The Piano
Guys é exercer unha influencia positiva na vida das persoas de todo o mundo
mediante vídeos musicais. Eles son un éxito en Youtube, con máis de 745 millóns
de visitas.
Propuxéronse gravar
vídeos musicais nas sete maravillas do mundo, algo absolutamente extraordinario
e de gran complexidade. Polo momento xa o fixeron en catro das sete maravillas
do mundo.
CHINA
A información foi recollida
https://thepianoguys.com/portfolio/kung-fu-piano-cello-ascends/
A
porción da Gran Muralla China onde filmamos chámase “Huanggyaguan”. Foi
construida orixinariamente no 570 d.C. e reconstruida durante a disnatía Ming
(1.368 -1.644 d.C). A Gran Muralla ten máis de 8.000 kilómetros de longo.
“Cando
descubrimos que tiñamos permiso para filmar na Gran Muralla, intimidábanos que
canción escribir. Somos grandes admiradores da serie de películas de Kung Fu
Panda (e todos temos nenos que tamén a adoran)”.
Steve
inspirouse para descubrir como crear un son no seu chelo eléctrico
personalizado (chamado Bruce Lee) que imitaba o violín chino (Ehru) e o
instrumento punteado Gugin. Quixemos mesturala con música clásica, e a peza
escollida foi o Preludio nº 20 de Chopin.
Unha
fusión realmente extraordinaria.
Kung Fu Piano: Cello Ascends - The Piano Guys (Wonder of The World 1 of 7)
Agradecemos o video a ThePianoGuys, publicado o 09/10/2.013
BRASIL
O Cristo Redentor elévase dez metros no aire, ten cen pes de ancho e pesa 630,000 kg. Pero aínda máis impresionante
é que foi construído na década de 1920 na cima dun escarpado acantilado de
setecentos metros con vistas á "Río de Janeiro".
Non moi lonxe desta estatua inspiradora atópanse
as Cataratas do Iguazú, unha marabilla natural do mundo. Composto por duascentas setenta e cinco cascadas que exténdense ao longo de 2,7 Km, na fronteira de Brasil con Arxentina.
The
Piano Guys , combina a música do tema El oboe de Gabriel, do cinema “La Misión” co
famoso himno relixioso “How Great Thou Art”, baseado nun poema e nunha melodía
folk de Suecia.
The Mission / How Great Thou Art - The Piano Guys (Wonder of The World 2 of 7)
Agradecemos o video a The Piano Guys, publicado do 02/04/2.014
Ningún comentario:
Publicar un comentario