martes, 17 de abril de 2018

Concerto didáctico EMMVI Cantos e ritmos da África negra.





Parabéns á Escola Municipal de Música de Vigo pola calidade do concerto didáctico e da unidade didáctica, que sen dúbida permitiunos desfrutar plenamente do concerto

O concerto didáctico CANTOS E RITMOS DA ÁFRICA NEGRA é unha viaxe na que un explorador na procura dunha exótica especie de bolboreta, rememora as súas vivencias en diferentes países do continente africano. Neste percorrido achegámonos á riqueza cultural e musical destes países que, ademais de transmitir valores universais, está completamente ligada á vida diaria da súa xente. Nas diferentes músicas escoitamos como a voz, a danza e os instrumentos mestúranse poderosamente a través de melodías sinxelas fortemente enriquecidas polo seu ritmo.

Asistimos case todo o alumnado de educación primaria: dende primeiro ata quinto e foi unha experiencia enriquecedora, lúdica e na que participamos activamente cos músicos da Escola Municipal de Música de Vigo. 
Desfrutamos con cada unha das pezas. Foi unha vivencia musical extraordinaria.

Os nosos parabéns para  os mestres da Escola Municipal de Música de Vigo, á Concellería de Educación e ao Concello de Vigo, pola organización deste concerto didáctico de gran calidade e tan enriquecedor para todos.

 

Yembés, saxofón  e marimba





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario