luns, 23 de abril de 2018

THE PIANO GUYS: México e Xordania.


MÉXICO

The Piano Guys rodamos este épico video na xungla mexicana, na emblemática pirámide “El Castillo” en Chichén Itzá. Situada na Península de Yucatán. Chichén Itzá é unha das ciudades máis grandes de México entre os anos 600 e 1.2000, e hoxe en día é coñecida polas súas espectaculares ruinas.

Para esta marabilla The Piano Guys queríamos manternos fieis á tradición de mesturar a música clásica atemporal coas bandas sonoras contemporáneas e ao mesmo tempo amosar a “armonía da xungla. A música que empregamos foi: “My Own Home” e “Bear Necessities” da banda sonora do cinema “The Jungle Book” (El libro de la Selva), composto por Robert e Richard Sherman e Terry Gilkynson, e “Sarabande”, movemento cuatro de “Keyboard suite in D minor” (HWV437), composto por George Frideric Handel.

The Jungle Book / Sarabande (Mayan Style) - The Piano Guys (Wonder of the World 3 of 7)


  Agradecemos o video a The Piano Guys , publicado o 03/05/2.016

 

XORDANIA

Xa estamo na antiga e estoica “Ciudad de las Rosas”, tallada na roca: ¡PETRA!

Incrible que unha cidade tallada en roca pura no medio do deserto fai más de 2.000 anos siga en pe, susurrando historias da súa historia. Petra conta con máis de oitocentos monumentos: edificios, salas, tumbas, templos e portais esculpidos en pedra caliza caleidoscópica. O seu acceso está protexido por un canón estreito e prolongado de trescentos metros.
Escollimos a banda sonora de “Indiana Jones y La última cruzada”, do compositor John Willimians, que combinamos coa suite sinfónica “Scherezade”, do compositor Rimsky-Korsakov. Algo así como “Indiana Jones y las Mil y una noches”.
 

Indiana Jones Rocks Petra with this Arabian Classical Remix! - The Piano Guys

  Agradecemos o video a The Piano Guys , publicado o  01/11/2.016

 

Estamos seguros que continuarán a súa viaxe polas sete marabillas do mundo e 

será un pracer seguir as súas andanzas musicais. 

Para más información acerca de The Piano Guys:

Website: www.thepianoguys.com

YouTube:
https://www.youtube.com/user/ThePianoGuys/

Twitter:
https://twitter.com/pianoguys

Facebook:
https://www.facebook.com/PianoGuys


 


domingo, 22 de abril de 2018

THE PIANO GUYS : China e Brasil.



The Piano Guys é un grupo musical estadounidense, de Utah,  formado por Jon Schmidt (Piano e composición), Steven Sharp Nelson (Violonchelo e Composición), Paul Anderson (Filmación de Vídeos), Al van der Beek (Edición e grabación).
Realizan interpretacións de piano e violonchelo de música clásica, bandas sonoras  e de fusión con música pop e rock.




O obxectivo The Piano Guys é exercer unha influencia positiva na vida das persoas de todo o mundo mediante vídeos musicais. Eles son un éxito en Youtube, con máis de 745 millóns de visitas.


Propuxéronse gravar vídeos musicais nas sete maravillas do mundo, algo absolutamente extraordinario e de gran complexidade. Polo momento xa o fixeron en catro das sete maravillas do mundo.

CHINA

A información foi recollida

https://thepianoguys.com/portfolio/kung-fu-piano-cello-ascends/

A porción da Gran Muralla China onde filmamos chámase “Huanggyaguan”. Foi construida orixinariamente no 570 d.C. e reconstruida durante a disnatía Ming (1.368 -1.644 d.C). A Gran Muralla ten máis de 8.000 kilómetros de longo.
“Cando descubrimos que tiñamos permiso para filmar na Gran Muralla, intimidábanos que canción escribir. Somos grandes admiradores da serie de películas de Kung Fu Panda (e todos temos nenos que tamén a adoran)”.
Steve inspirouse para descubrir como crear un son no seu chelo eléctrico personalizado (chamado Bruce Lee) que imitaba o violín chino (Ehru) e o instrumento punteado Gugin. Quixemos mesturala con música clásica, e a peza escollida foi o Preludio nº 20 de Chopin.
Unha fusión realmente extraordinaria.


Kung Fu Piano: Cello Ascends - The Piano Guys (Wonder of The World 1 of 7)



Agradecemos o video a ThePianoGuys, publicado o 09/10/2.013


BRASIL

O Cristo Redentor elévase dez  metros no aire, ten cen pes de ancho e pesa  630,000 kg. Pero aínda máis impresionante é que foi construído na década de 1920 na cima dun escarpado acantilado de setecentos metros con vistas á "Río de Janeiro".
Non  moi lonxe desta estatua inspiradora atópanse as Cataratas do Iguazú, unha marabilla natural do mundo. Composto por duascentas setenta e cinco cascadas que exténdense ao longo de 2,7 Km, na fronteira de Brasil con Arxentina. 
 
The Piano Guys , combina a música do tema El oboe de Gabriel, do cinema “La Misión” co famoso himno relixioso “How Great Thou Art”, baseado nun poema e nunha melodía folk de Suecia.




The Mission / How Great Thou Art - The Piano Guys (Wonder of The World 2 of 7)




           Agradecemos o video a The Piano Guys, publicado do 02/04/2.014