A noa música ten nos escritores galegos aliados naturais que propiciaron a creación de temas estrela para a cultura propia. Caso paradigmático é o "Negra Sombra" de Montes con letra de Rosalía de Castro.
Rosalía de Castro en vinte edicións discográficas.
Agradecemos a información anterior ao documento en pdf da Xunta de Galicia con motivo do 150 aniversario de Rosalía de Castro.
Imos ver e escoitar diversas versións do poema NEGRA SOMBRA de Rosalía de Castro.
NEGRA SOMBRA na voz de
PUCHO BOEDO
con paisaxes de Galicia e a letra traducida ao castelán.
Agradecemos o video a Féliz Federico Menéndez Martínez, publicado o 24/08/2013
AMANCIO PRADA
Agradecemos o video a Olga Rosario ORMVM, publicado o 06/03/2015
CARLOS NÚÑEZ E LUZ CASAL
MARÍA DO CEO
Agradecemos o video a antoniopatobar, publicado o 24/03/2008
NEGRA SOMBRA. ORA . Orfeón Donostiarra
Agradecemos a Sergio Guarné Escolano Ora o video, publicado o 10/03/2012
É a orquesta clásica do Reino de Aragón, fundada en 2011 polo músico aragonés Sergio Guarné. A ORA é a orquestra residente do Palacio de Congresos de Huesca, formación titular da Asociación Aragonesa da ópera "Miguel Fleta" e o seu director titular é o maestro Ricardo Casero. A ORA foi a orquestra residente no prestixioso festival internacional Riva del Garda (Italia) nas edicións 2014 e 2015. Colaboraron grandes artistas, mundialmente famosos: Natalia Gutman (violonchelo), Aldo Ciccolini (piano), Sergey Ostrovsky (violín), Isaac Karabtchevsky (director), Argentina (Cantaora).
Ademais realizaron unha xira por Alemania e Turquía con Sarah Chang, considerada unha das mellores violinistas do mundo. Para a temporada 2015 teñen pechados máis de 25 concertos con produccións operísticas e sinfónicas.
O grupo rock Astarot grava no 2.000 o disco "O sentir dunha terra"
NEGRA SOMBRA polo grupo Astarot
Agradecemos a pilarita500 o video, publicado o 20/01/2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario