ENTROIDO EN ESPAÑA
O nome das distintas agrupacións dependen do número de componentes, dos instrumentos que tocan e nalgunhas ocasións da temática que interpretan. As letras, realizan unha crítica centrándose sobre todo na actualidade tanto política como da prensa do corazón, co fin de facer rir ao público.
MURGAS
É un xénero de música popular, típica da festividade de entroido. É moi popular en España, Argentina e Uruguai. Interpretada normalmente por un coro con acompañamento musical de instrumentos de percusión.
La Patrulla " Murga infantil. Carnaval de Málaga 2017
Agradecemos o video a Pedro Cabrera Castillo, publicado o 14/02/2017
CHIRIGOTAS
Son coplillas recitativas e monólogas e poseen unhas formas musicais moi simples procedentes do pasodobre, a rumba, a sevillana, o tanguillo, a seguidilla, a xota, a isa canaria, etc. As letras inventadas para cada entroido encaixan perfectamente e tratan de mi diversos temas, centrándose na crítica dos temas actuais da sociedade.As chirigotas infantís tratan sobre temáticas propias da súa idade.
Agradecemos o video a OCADIZ DIGITAL, publicado o 29/01/2013
COMPARSAS
Contan con aproximadamente catorce componentes. Os principais instrumentos que utilizan son bombo, caixa e guitarra. O seu repertorio componse de Presentación, Pasodobres, Cuplés e Pópurri. Son as agrupacións con apariencia máis seria, ainda que as súas letras son, como nos demáis casos, críticas e/ou reivindicativas.
Agradecemos o video a ONDA CÁDIZ CARNAVAL, publicado o 16/01/2016
CUARTETOS
Agrupación de tres a cinco componentes. O seu repertorio consta de Presentación, Parodia, Cuplés e Popurrí. O plato forte dos cuartetos é a Parodia, representando unha historia. Como instrumentos empregan parellas de paus, cos que se acompañan.COROS
O Coro é a agrupación que conta con máis membros, aproximadamente cuarenta e cinco. Os seus componentes suelen clasificarse en Baixos, Segundas,Tenores e Orquestra. Entre os instrumentos que utilizan figuran laúdes,guitarras e bandurrias. O repertorio suele estar composto por:presentación, tangos, cuplés e popurrí.
Agradecemos o video a carnavalsur, publicado o 05/02/2016
Agradecemos a información do artigo a Pilar Fernández, publicado o 07/04/2010
Ningún comentario:
Publicar un comentario