“Hansel y
Gretel, un mágico musical” chega a Vigo este sábado 29 de outubro, as 18
horas, no AUDITORIO PAZO DE CONCRESOS MAR DE VIGO. (Avenida de Beiramar, 59).
Valores como a importancia da unión da
familia, o valor da amizade, o respeto e o
coidado dos maiores
sustentan unha historia na que se misturan a aventura, a ternrura e o humor.
Entre outros recoñecementos, este espectáculo
recibiu 4 Nominacións nos Premios de Teatro Musical 2016: Mellor Dirección
Artística, Mellor Deseño de Iluminación, Mellor Actor Secundario e Mellor
Actriz Protagonista.
Baseado no inmortal conto dos irmáns Grimm, Hansel e
Gretel, un máxico musical, reinventa o conto cunha nova versión en formato
musical con libreto e cancións orixinais de Miguel (adaptador de “Priscilla, reina del desierto”,
“Sonrisas e Lágrimas” “Shrek o Musical”, “Avenue Q”). O espectáculo conta con coreografías
de Sonia Dorado (“Mamma Mía”, “El Zorro”), orquestacións de Pablo Trujillo
(orquestador na Banda Sonora de “Invictus” de Ridley Scott) e un elenco de
artistas procedentes dalgunhas das mellores produccións de teatro musical do
país. O reparto está encabezado por Juan
Antonio Carrera (Hansel), Ruth Ge (Gretel), Angel Muñiz (Patas Locas/Boris) e Esther
Izquierdo (Iselda).
Neste musical,presentan aos irmáns, Hansel e Gretel.
como rapaces loitadores, que acuden ao bosque prohibido na procura dun tesouro,
que axude a súa familia a saír da pobreza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario