venres, 14 de outubro de 2016

BOB DYLAN




Robert Allen Zimmerman; Duluth, EEUU, 1941, coñecido por todos como  BOB DYLAN.

 Resultado de imagen de Bob Dylan imágenes                                Resultado de imagen de Bob Dylan imágenes


Músico, cantantes, compositor e poeta estadounidense, é unha das figuras máis prolíficas e influíntes da súa xeración, na música popular do século XX e de comezos do século XXI.

A súa admiración polo poeta Dylan Thomas levouno a doptar o apelido artístico co que se fixo popular. Na década de 1.960 creou un estilo propio a partires da recuperación da música folk, cunhas letras cargadas de simbolismo e reinvidicacións, convertíndolle nun lídes no seu país. Cancións como  Blowin’ in the Wind, Maters of war o Talkin’ World War III blues, revolucionaron o pop mundial e abriron novos camiños tanto para cantautores como para bandas de rock. 

As letras de Dylan incorporan unha variedade de temas sociais, políticos, filosóficos e literarios que desafiaron a música pop convencional existente e apelaron xeralmente á contracultura emerxente na época.
Dylan ampliou e personalizou xéneros musicais ao longo de cinco décadas de carreira musical, nas que explorou a tradición musical estadounidense co folk, o blues, o country, o gospel, o rock and roll e o rockabilly, así como a música folk inglesa, escocesa e irlandesa, pasando polo jazz e o swing. 

 Dentro do seu repertorio destacan os álbumes: The freewheelin' BobDylan (1963), Blood on the tracks (1975) y Oh mercy (1989)

Ao longo da súa carreira, Dylan foi recoñecido e honrado polas súas composicións, interpretacións e gravacións. 
Resultado de imagen de Imágenes Bob Dylan
 Os seus discos valéronlle varios Grammys, Globos de Ouro e premios da Academia, gañou un Óscar no 2.001, e o seu nome áchase no Salón da Fama do Rock and Roll, o Salón da Fama de Compositores de Nashville e o Salón da Fama dos Compositores

En xaneiro de 1990, foi investido Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras polo Ministro de Cultura de Francia Jack Lang. 

No ano 2000, gañou o Premio de Música Polar da Real Academia Sueca de Música, e en 2004 alcanzou o segundo posto na lista dos cen mellores artistas de todos os tempos elaborada pola revista Rolling Stone, despois de The Beatles.

 O 13 de xuño de 2007 foi premiado co Premio Príncipe de Asturias das Artes, e un ano despois recibiu un recoñecemento honorario do Premio Pulitzer polo seu «profundo impacto na música popular e na cultura norteamericana, marcado polas súas composicións líricas de extraordinario poder poético». 

En maio de 2012, recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade por parte do presidente Barack Obama.

Nominado en varias ocasión para o Premio Nobel de Literatura, consígueo o 13 de outubro de 2016. A Academia Sueca outorgoulle o Premio Nobel de Literatura por «crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición da canción estadounidense».




Se queres profundizar máis sobre a vida de Bob Dylan podes visitar as seguintas ligazóns. 
-   Biografías y vidas.
 
- Curiosidades sobre Bob Dylan.  Huffington Post. 

- Biografía de Bob Dylan. Todo Música

Ningún comentario:

Publicar un comentario