martes, 15 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018 Meu o mundo é de Paco Nogueiras

 "Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por PACO NOGUEIRAS, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Cun amplo abano de ritmos -dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica- este traballo publicado por KALANDRAKA pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas. Son temas que figuran no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal. "Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos.


MEU O MUNDO É


Agradecemos o video a Kalandraka Editora, publicado o 07/05/2.014

Ningún comentario:

Publicar un comentario