A Escola de Música Moderna & Bellas Artes está
especializada en música moderna e novas tendencias (blues, rock, funk, jazz) .
A novidade deste proxecto é que, pro primeira vez en Galicia pódense estudiar novas tendencias musicais urbanas e non só clásico ou jazz . "Este proxecto abarca todos os estilos que actualmente definen o panorama musical internacional", asegura Augusto Fernández, director da Escola de Música e Bellas Artes de A Cañiza, onde naceu o proxecto.
EMMBA A Cañiza - A-TEAM (El equipo A)
- Combo Infantil 2017 (5 a 7 anos)
Agradecemos a Manuel Rivera o video, publicado o 04/07/2017
Agora teñen outra sede en Vigo. R/ Condesa Casa Bárcena 12 . CP 36204 Tfno de contacto 657 878 975 ou no correo electrónico escolamusicacaniza@gmail.com
Na escola da EMMBA de VIGO imparten clases de: Batería, bajo eléctrico, guitarra eléctrica, técnica vocal, piano, acordeón e a partires do próximo curso saxo e frauta ademais de bombardino, trompeta e tuba.
BATERÍA : Instrumento de percusión formado por pratos, timbais e tambores. Moi empregada no jazz, rock, pop,...
Para coñecer mellor cada unha das partes da batería.
Diferencias entre "BAJO ELÉCTRICO" e "GUITARRA ELÉCTRICA"
Tanto a guitarra coma o baixo eléctrico son instrumentos de corda.
O baixo eléctrico ten 4 cordas habitualmente, frente as 6 da guitarra eléctrica. O mástil é máis longo no baixo que na guitarra eléctrica. Os sons do baixo son máis graves cos da guitarra eléctrica. Habitualmente os baixos tócanse cos dedos e fan o ritmo base e a guitarra tócase coa púa e realiza as melodías.
Dentro da familia dos teclados existen tres variantes: teclados dixitais, pianos dixitais e pianos acústicos.
Pianos acústicos: Son os pianos tradicionais, dentro desta categoría existen diferentes tipos: piano de cola e de pared ou vertical, a diferencia está básicamente na posición do mecanismo.
Pianos dixitais: Os pianos dixitais son a versión electrónica dos pianos acústicos, estos pianos ofrecen máis prestacións pero tamén cambia o son. Son moitos os que manteñen unha actitude moi reacia hacia este tipo de pianos, incluso defenden que non deberían chamarse piano xa que o seu son proven dun circuito electrónico e non dun mecanismo como tradicionalmente funcionan.
Teclados dixitais: Existen tres tipos: Sintetizadores, Workstation e Controladores. A diferencia básica entre os tres é a maneira en que xenera e controlan o son. Incorporal bibliotecas de sons, efectos, e posibilidade de conexión con outros dispositivos. Coa conexión MIDI que traen algúns teclados ofrece grandes posibilidades á hora de componer e producir música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario