sábado, 26 de maio de 2018

Concerto EMMBA no CEIP Eduardo Pondal


O mércores 23/05/2018, tivemos o pracer de contar coa presencia de D. Augusto Fernández e catro extraordinarios músicos da EMMBA (Escola de Música Moderna e Belas Artes) de Vigo.
Realizaron un concerto didáctico en dous grupos, dividido en tres partes diferenciadas: 

- Audición de pezas de distintos estilso: Jazz, Funk, Rock.
- Explicación por parte dos mestres do instrumento musical: Baixo eléctrico, batería, guitarra eléctrica e voz. 
- Que o alumnado toque algún dos instrumentos anteriores. 


 







PARABÉNS POLO CONCERTO !
UNHA EXPERIENCIA EXTRAORDINARIA PARA TODOS! 



martes, 22 de maio de 2018

EMMBA Escuela de Música Moderna y Bellas Artes en VIGO y CAÑIZA




A Escola de Música Moderna & Bellas Artes está especializada en música moderna e novas tendencias (blues, rock, funk, jazz) .

A novidade deste proxecto é que, pro primeira vez en Galicia pódense estudiar novas tendencias musicais urbanas e non só clásico ou jazz . "Este proxecto abarca todos os estilos que actualmente definen o panorama musical internacional", asegura Augusto Fernández, director da Escola de Música e Bellas Artes de A Cañiza, onde naceu o proxecto. 


EMMBA A Cañiza - A-TEAM (El equipo A)

 - Combo Infantil 2017 (5 a 7 anos)




Agradecemos a Manuel Rivera o video, publicado o 04/07/2017


Agora teñen outra sede en Vigo. R/ Condesa Casa Bárcena 12 . CP 36204 Tfno de contacto 657 878 975 ou no correo electrónico escolamusicacaniza@gmail.com


Na escola da EMMBA de VIGO imparten clases de: Batería, bajo eléctrico, guitarra eléctrica, técnica vocal, piano, acordeón e a partires do próximo curso saxo e frauta ademais de bombardino, trompeta e tuba. 
 

BATERÍA : Instrumento de percusión formado por pratos, timbais e tambores. Moi empregada no jazz, rock, pop,...



Para coñecer mellor cada unha das partes da batería


Diferencias entre "BAJO ELÉCTRICO"  e "GUITARRA ELÉCTRICA"

Tanto a guitarra coma o baixo eléctrico son instrumentos de corda.



O baixo eléctrico ten 4 cordas habitualmente, frente as 6 da guitarra eléctrica. O mástil é máis longo no baixo que na guitarra eléctrica. Os sons do baixo son máis graves cos da guitarra eléctrica. Habitualmente os baixos tócanse cos dedos e fan o ritmo base e a guitarra tócase coa púa e realiza as melodías.






Diferencias entre TECLADO e PIANO

Dentro da familia dos teclados existen tres variantes: teclados dixitais, pianos dixitais e pianos acústicos.  


Pianos acústicos: Son os pianos tradicionais, dentro desta categoría existen diferentes tipos: piano de cola e de pared ou vertical, a diferencia está básicamente na posición do mecanismo. 







Pianos dixitais: Os pianos dixitais son a versión electrónica dos pianos acústicos, estos pianos ofrecen máis prestacións pero tamén cambia o son. Son moitos os que manteñen unha actitude moi reacia hacia este tipo de pianos, incluso defenden que non deberían chamarse piano xa que o seu son proven dun circuito electrónico e non dun mecanismo como tradicionalmente funcionan.


Teclados dixitais: Existen tres tipos: Sintetizadores, Workstation e Controladores. A diferencia básica entre os tres é a maneira en que xenera e controlan o son. Incorporal bibliotecas de sons, efectos, e posibilidade de conexión con outros dispositivos. Coa conexión MIDI que traen algúns teclados ofrece grandes posibilidades á hora de componer e producir música.





 



venres, 18 de maio de 2018

Estilos musicais: Jazz, Blues, Soul, Rock Roll.


The Very Best of Jazz - 50 Unforgettable Tracks


Agradecemos o video a Jazz and Blues Experience, publicado o 18 /08 / 2.014

Se vas ao enlace en youtube, podrás clicar sobre cada un dos grandes artistas e desfrutar coa súa música e coñecer o nome das melodías. En mostrar máis poderás coñecer a música do video e por quen é interpretada.

Mississippi Blues - 

The Best Of Mississippi Blues

Agradecemos o video a Jazz and Blues Exprience, publicado o 02/11/2015. Para ir as pistas do video

The Very Best of Soul

Agradecemos o video a Funk n´Soul Exprience, publicado o 04/02/2015

 Se vas ao enlace en youtube poderás clicar noutros grandes do Soul. 

The Very Best of Rock & Roll



Agradecemos o video a rocknrollexperience, publicado o 13/10/2016

Se vas ao enlace en youtube podrás clicar sobre cada un dos grandes artistas e desfrutar coa súa música e coñecer o nome das melodías. En mostrar máis poderás coñecer a música do video e por quen é interpretada.



martes, 15 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018 Meu o mundo é de Paco Nogueiras

 "Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por PACO NOGUEIRAS, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Cun amplo abano de ritmos -dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica- este traballo publicado por KALANDRAKA pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas. Son temas que figuran no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal. "Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos.


MEU O MUNDO É


Agradecemos o video a Kalandraka Editora, publicado o 07/05/2.014

sábado, 12 de maio de 2018

Viaxa polo mundo coa música e as cantigas de AS MAIMIÑAS

AS MAIMIÑAS son Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, dúas nais de Mos que un día, celebrando a Semana da Familia no colexio dos seus fillos, decidiron actuar para eles.   Así naceu en abril de 2011 "As Maimiñas", algo que comenzou coma un xogo e converteusena súa vida profesional.

"Unha viaxe polo mundo" Conta a historia de como "As Maimiñas" diciden ir unha tarde a camiñar e percorren  diferentes países do mundo. 


Agradecemos a Sonárbore o video, publicado o 02/02/2.015


"Volta, revolta e reviravolta". Outra viaxe musical, onde descubrimos lugares, tradicións e costumes doutras culturas a través da música. 


Fomentan á curiosidade por coñecer, compartir, cantar, bailar e descubrir onde quedan os monumentos ou  cada un deses lugares.

Tamén realizan espectáculos musicais cantando e bailando as súas cantigas e facendo que participen todos os que as escoitan. 


XIRA QUE TE XIRA 


Agradecemos o video As Maimiñas, publicado o 09/01/2014



xoves, 10 de maio de 2018

Viaxar, soñar e cantar con XIQUI XOQUE. María Fumaça.

 María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. O protagonista, o maquinista Rui, condúcenos a un mundo musical que aportan valores como a solidariedade, a alegría, a comprensión e a normalización da "diversidade funcional". 
Nos discos de María Fumaça participan ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos… 


XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! Libro con CD e DVD


Apetéceche subir con Ruí, con Uxía e con toda a familia Fumaça para cantar e bailar? O tren está a piques de saír!!!

Todos os pasaxeiros desexan durante a viaxe que este non acabe nunca e que os leve a mil novos horizontes e aventuras.

Vídeo incluído no libro-disco XIQUE XOQUE, FIÚ FIÚ

Agradecemos a Sonárbore o video, publicado o 06/08/2.014

luns, 7 de maio de 2018

A música da auga. Servando Barreiro presentaranos este libro musical .

Teremos o pracer de desfrutar coas cantigas e a música de D. Servando Barreiro, que vai presentarnos o libro A música da auga, escrito en colaboración con D. Anxo Moure.


 A música da auga



Agradecemos o video a recomendocheunlibro, publicado o 17/04/2018

venres, 4 de maio de 2018

O LIBRO MÁXICO, cantiga da quedada literaria en Castrelos.

O libro máxico é unha cantiga do grupo MIGALLAS, do cd CANTA CONNOSCO.
A creación de Migallas como grupo de teatro aficionado data de 1992 e dende 1996 é unha compañía profesional, fundada por María Campos y Carlos Yus.  Ademais de ter editados varios discos, e de ter varios espectáculos teatrais, realizan sesións de contacontos e talleres de expresión dramática. 

 
Estamos desexando que chegue o día tres de maio para compartir ademáis das lecturas esta cantiga que fomenta á lectura.  

 O LIBRO MÁXICO en Karaoke. IMAXÍNATE


Agradecemos o video ao Ceip Isaac Peral, publicado o 27 de agosto de 2.009

Unha viaxe ao mundo das TIC con Dna Mª JESÚS CAMINO RENTERÍA


Tiven o pracer de participar no curso METODOLOXÍAS ACTIVAS E INTEGRACIÓN DAS TIC NA AULA DE MÚSICA, organizado polo CFR de Vigo. Sendo a ponente a extraordinaria docente e comunicadora Mª Jesús Camino Rentería, sendo asesora do curso Pilar Vila.  


Mª Jesús Camino Rentería é a responsable da páxina web Clase de Música 2.0 e actualmente asesora de formación en el CEP de Laredo (Cantabria)

A súa páxina é unha fonte extraordinaria de información e recursos para todos.


Mª Jesús Camino Rentería parabéns pola metodoloxía empregada, a  información compartida e as prácticas desenvolvidas coas TICs.

Ademais foi un pracer compartir esta aprendizaxe e experiencia con outros compañeiros de Educación Musical. 



martes, 1 de maio de 2018

INSTRUMENTOS MUSICAIS DE DIVERSAS PARTES DO MUNDO



 Ofrecemos a continuación varios videos de instrumentos de diversas partes do mundo.

INSTRUMENTOS DE AMÉRICA DEL NORTE





 Agradecemos o video ao Profesor Ernesto, publicado o 22/12/2015. 


INSTRUMENTOS DE ÁFRICA 



Agradecemos o video ao Profesor Ernesto, publicado o 06/03/2015


INSTRUMENTOS DE OCEANÍA



 Agradecemos o video ao Profesor Ernesto, publicado o 22/12/2015. 



Un achegamento aos instrumentos musicais por continentes, con imaxes e vídeos. Clicando no título comeza o Prezzi.