martes, 21 de novembro de 2017

SANTA CECILIA. Felicidades a todos os músicos e aos que viven a música.



FELICIDADES A TODOS OS MÚSICOS!!! 

Tamén a ti, porque levas a música dentro:  a sintes, cantas, bailas, interpretas, compones,.... porque a música enriquécenos e fainos vibrar, acompáñanos toda a vida. 

Para que saibas que ti podes ser músico tamén, convídote a coñecer a través do seguinte video a un rapaz que sinte e transmite a música dun xeito extraordinario.


JOSÉ ANDRÉ MONTAÑO 

 José André Montaño de 10 anos de idade e cego de nacemento, impresionou a todos coa súa música.

Agradecemos a información a Univisión Noticias. Publicado o 20/03/2.015

Ningún comentario:

Publicar un comentario