mércores, 8 de novembro de 2017

O MAGOSTO: Castaniñas caen

 
O magosto é a festa das castañas. É unha festa moi antiga e a máis representativa do outono, as dúas datas máis concorentes para facer a súa celebración son: o día 1 de novembro, festa de Todos os Santos, ou o día 11, festa de San Martiño. 


As castañas tiveron moita importancia na alimentación da xente noutros tempos. Agora comémolas de cando en vez, pero cando aínda non se coñecían as patacas formaban parte de moitas comidas, por iso era tan celebrada a súa chegada.


Agradecemos este video coa letra a D. Jesús Pareja.24/10/2.016

Ningún comentario:

Publicar un comentario