sábado, 6 de maio de 2017

Recibir o Óscar foi unha experiencia única. NICO CASAL



                 O galego Nico Casal ( o que ten o sobre)  obtivo un óscar en 2.016 pola curtametraxe Stutterer

 Nico Casal tras recibir o galardón do Óscar á mellor banda sonora na categoría de curtametraxes.




Nico Casal nunha entrevista ao xornal "El   Mundo"  comenta tras recibir o Óscar:

"Nunca soñei que viviría in situ os Óscar. Menos todavía que gañaría un. Isto é un sono, é como un cinema. Síntome moi agradecido e afortunado. 
Ao saber que gañáramos, durante quince minutos estiven chorando sen parar, tamén por toda a tensión acumulada. Chamei aos meus pais, estaban espertos e case non podía falar. 
Nunca esquecerei estes días. Toda  a vida vira os Óscar pola televisión. Cando chegou a nosa categoría estaba taquicárdico. O feito de estar aí, fai que multiplíquense os nervos". 

"Falei co compositor Thomas Newman,  e saudei a John Williams e Ennio Morricone", estes dous últimos grandes referentes de todos os compositores de bandas sonoras.


No seguinte vídeo escoitamos e vemos ao propio Nico Casal interpretar ao piano o tema  "Ellie"

Agradecemos a Nico Casal que publicara este video o 20 de agosto de 2.015.

STUTTERER

 Está escrito e dirixido por Benjamín Cleary. Conta a  historia dun grafólogo tartamudo que enamórase por internet dunha chica a que teme coñecer en persoa por medo a ser rexeitado. 

É unha curtametraxe con moi poucos diálogos. "A música ten que expreso o que el non pode con verbas. Foi un reto moi bonito".  Cando compusen a banda sonora non tiña presión dunha gran productora nin límites de tempo. Como éramos amigos estivemos traballando moito tempo intentando conseguir que o resultado fóra perfecto. poidemos probar, poñer, quitar e experimentar. De feito, houbo esceas que se gravaron coa música.

Ningún comentario:

Publicar un comentario