Carlos Núñez está considerado internacionalmente coma un músico extraordinarios. É un artista coñecido internacionalmente. O seu carisma, enerxía, o seu expírito pioneiro o fan moi popular, trascendendo con creces os límites habituais dos seus instrumentos musicais: a gaita e as frautas.
En 1.989 grabou por primeira ven con The Chieftains para a banda sonora La isla del tesoro, protagonizado por Charton Heston e Oliver Reed.
La isla del tesoro. Fran Idareta - Carlos Núñez - Joxan Goikoetxea - Kike Ugarte. Agradecemos o video a Dna Aztarna Musika Eragintza, subido o 10 de agosto de 2.010.
En 2.004 Alejandro Amenábar pídelle a Carlos Núñez unha canción para a película Mar adentro, pero acaba desembocando en la colaboración de Carlos en prácticamente toda a banda sonora do cinema, que gañaría un Óscar, así como 14 premios Goya incluído o de música.
Agrademos o video a " yyemanya " que subiu o video o 25 de decembro de 2.007.
En 2.006 xunto co disco Cinema do Mar, no que Carlos explora o mundo das bandas sonoras, dende Mar Adentro ata as varias bandas sonoras na que participou, sobre todo en Xapón, pasando por versións celtas de grandes clásicos do cinema. No disco colaboran os Chieftains, Dulce Pontes, Ryuichi Sakamoto, Altan, Solas, Juan Manuel Cañizares,... edítase o documental Cinema do Mar, baseada e imaxes inéditas rodadas polo propio Carlos cunha
Mini DV e montadas con gran dinamismo e humor polo cineasta Robert
Bellsolá, que amosa unha visión descoñecida de Carlos e a súa particular
forma de vivir e de facer música.
Cinema do Mar nace na súa vella casa familiar, situada ao borde da ría de Vigo, dende donde presenciaba durante a súa infantica sesións de cinema ao aire libre todos os veráns. Nesta viaxe CARLOS NÚÑEZ reencóntrase con temas clásicos coma Concerto de Aranjuez, o bolero de Ravel ou a Suite para violoncello nº 1 de Bach, auténticos clásicos que se entrelazan con obras maestras contemporáneas como El Padrino o Mar Adentro. O resultado, unha viaxe pola música que fais escalas en diferentes países, épocas e cinematografías.
Agradecemos este vídeo a aiguavivafilms, subido o 19 de abril de 2.007.
En 2.009 ve a luz o disco Alborado do Brasil, que recolle as conexións entre a Música Celta - a galega en particular - e a Música Brasileira. No disco participaron Carlinhos Brown, Lenine, Adriana Calcanhotto, Fernanda Takai, Dominguinhos e moitos outros músicos do Brasil, así como os maestros irlandeses The Chieftains. Todo o proceso de investigación plasmouse no documental Brasil somos nós, dirixido de novo por Robert Bellsolá, que presta especial atención á historia do bisavó de Carlos, músico coma el, que emigrou a Brasil e desapareceu, ata que descubriron que era un músico de éxito en Río de Xaneiro.
Parte desta aventura brasileira foi tamén a gravación da banda sonora para o Grupo Corpo, a máis reputada compañía de danza do Brasil, baseada nas Cantigas de Martín Codax, xunto a José Miguel Wisnik, con voces como as de Miltos Nascimento ou Chico Buarque.
Carlos Núñez - Making of Alborado do Brasil
Agradecemos a "galcaiturrino441" este video, publicado o 29 de abril de 2.010.
Agradecemos a información anterior recollida en internet en
- Carlos Núñez presenta "Cinema do mar".
En 2.016 Carlos Saura crea Jota de Saura, un documental musical, no que realízase un percorrido visual e musical que participan grandes figuras internacionais e do noso país como o violinista Ara Malikian, o guistarrica clásico español Cañizares, a bailaora Sara Baras, o compositor Giovanni Solimo e o gaiteiro Carlos Núñez, ademais da música de Alberto Artigas e as coreografías de Miguel Ángel Berna ao longo do cinema.
JOTA DE SAURA | Tráiler en español | Carlos Saura, Ara Malikian, Sara Baras, Carlos Nuñez
Ningún comentario:
Publicar un comentario