domingo, 30 de abril de 2017

O grupo MILLADOIRO gañador mellor BSO nos Goya en 1.986.

O grupo Milladoiro gañou un Goya en 1.986 

COMPOÑENTES:

*Membros fundadores:
· Rodrigo Romaní (harpas, bouzouki, guitarra acústica, ocarina e voz) 1978-2000
· Xosé V. Ferreirós (gaita, mandolina, oboe, bouzouki, percusións) 1978...
· Nando Casal (gaita, clarinete, tin whistle, percusións, voz) 1978...
· Antón Seoane (teclados, guitarra, zanfona, acordeón, voz) 1978...
· Xosé A. Méndez (frautas) 1979...
· Moncho García Rei (bodhran, percusións, tamboril, voz) 1978...
· Laura Quintillán (violín) 1979-1980

*Outros membros:
· Michel Canadá (violín) 1980-1993
· Antón Seijó (violín) 1993-1999
· Harry C. (violín) 1999...
· Roi Casal -fillo de Nando Casal- ( harpa, bouzouki, ocarina, percusións) 2000...
· Manú Conde (guitarras, bouzouki) 2000...





Presentación do disco, A quinta das lágrimas, de Milladorio, no Teatro Colón da Coruña.
Presentación do disco, A quinta das lágrimas, de Milladorio, no Teatro Colón da Coruña.


O de Milladoiro co mundo do cine foi chegar e encher. A súa estrea en bandas sonoras veu da man do director cántabro Manuel Gutiérrez Aragón, quen lles deu pé para incluír os temas Valsvoda, Maruxa e Danza de Albarellos na súa película La mitad del cielo
Con esta película obtiveron  en 1.985 A Concha de Ouro do Festival de Donosti.  

Corría o ano 1986 e os primeiros premios Goya. Á banda galega gañou na categoría de mellor banda sonora da película La mitad del cielo.
 



 Daquela, a banda galega xa contaba cunha bagaxe profesional importante.
 As pezas que lles valeron o premio estaban encadradas no álbum Galicia no país das maravillas, o quinto na súa andaina e o terceiro que editaban coa multinacional CBS, que os fichara logo de comprobar calidade musical e o alto nivel de vendas que lograban nuns tempos ben diferentes para a industria discográfica. O conxunto era un referente non só musical, senón cultural, para Galicia. E no estranxeiro xa gozabandun gran prestixio. Foron os primeiros músicos en recibir trato estelar noutras nacións.
Ao ano seguinte do Goya chamounos José Luis García Sánchez para que participasen na adaptación á pantalla de Divinas palabras, a obra de Valle-Inclán que pensaba rodar en Galicia. E empregou as pezas. Indícano os compoñentes de Milladoiro: “A música está moi presente, para ben ou para mal, en todo o filme. Quizais nós fariámolo doutra maneira”. Este traballo significou unha nova candidatura para os Goya. Pero recuncar era moi complicado e desta volta ninguén subiu ao escenario, ese lugar familiar para un artista e no que os colocou García Sánchez para un cameo interpretando a uns músicos que actuaban nun local. “Como alguén o tiña que facer e se non éramos nós seguramente lle levaría máis tempo, aceptamos a proposta do cineasta”, lembran. Nesa banda sonora colaboraron con Ana Belén, que interpretaba a unha das protagonistas da película, e a madrileña cantou con eles Estoy celosa del vuelo. Pasados bastantes anos, e dado o bo entendemento no pasado, a cantante puxo a voz a Moraima, peza composta pola banda e pertencente ao álbum Auga de Maio (1999).

Moraima

 
 Agradecemos este video a Dna Ana Belén TV, subido o 28 de xaneiro de 2.010

Cando  Gutiérrez Aragón volve para rodar en Galicia lembra o excelente resultado acadado no pasado e decide chamalos para a banda sonora de El rey del río. E o salmantino García Sánchez cismou en realizar novamente unha versión na pantalla de Valle-Inclán con Esperpentos, onde adapta a coñecida como triloxía Martes de Carnaval, e para a viaxe musical polo universo do célebre literato seguramente non tivo dúbidas á hora de elixir a quen aportaría talento para ese apartado concreto.

Dentro da súa traxectoria, Milladoiro realizou o álbum Iacobus Magnus, acompañados da English Chamber Orchestra. Esa obra pioneira amosa claramente as posibilidades orquestrais da banda. Ademais destas músicas, algunhas pezas do conxunto galego tamén se escoitan nas cintas Tierra del fuego (2000), do chileno Miguel Littín, e Siempre Habana (2006), dirixida por Ángel Pelaez. Todas esas bandas sonoras aparecen reflectidas nun cedé editado pola Academia Galega do Audiovisual dentro da serie Músicas da Academia.

Como punto final cómpre falar da colaboración efectuada por Luís Tosar e Mabel Rivera cantando a peza O Castrapista, que forma parte do disco Unha estrela por guía, primeiro traballo enteiramente cantado na traxectoria do grupo, e no que musicaban poemas do finado Manuel María. Nesa ocasión foi o cine quen se achegou ao estudo musical para plasmar a unión dos dous mundos.

Agradecemos a información a D. Óscar Losada, que a publicou o 28 de xuño de 2.012.



Ningún comentario:

Publicar un comentario