Co seguinte espectáculo de música, fogos de artificio e auga, perfectamente sincronizados coa cantiga rusa Kalinka, desexamos a todos un Feliz Aninovo, cheo de saúde, ledicia e sonos . E... que non falte nunca a música!!!
Agradecemos o video a manioban, publicado o 21/12/2016
A música é un medio de comunicación que traspasa fronteiras. Un caso concreto é o das panxoliñas, sendo o caso máis destacado o de Stille Nacht, título orixinal da panxoliña Noite de Paz.
Fíxose tan popular en todo o mundo que foi declarada Patrimonio intanxible da humanidade pola Unesco no 2.011.
Esta panxoliña naceu en Alemania fai douscentos anos, nun pequeno pobo de Salzburgo en Austria.
Joseph Mohr, autor da letra, era sacerdote na localidade de Obendorf e pediulle a Franz Gruber, un mestre da escola local, que compuxese a música.
No Nadal de 1818 a canción foi interpretada por primeira vez ante o público na igrexa de San Nicolás: Mohr cantaba e Gruber acompañábao coa guitarra. A igrexa de San Nicolás foi demolida a principios do s. XX tras unha inundación. No seu lugar construíron a "Capilla Memorial Noche de Paz", en homenaxe ao sacerdote e ao mestre que crearon dita panxoliña.
Franz Gruber na imaxe da esquerda na capela de Obendorf.
Agradecemos a BBC mundo noticias a información anterior.
Noite de Paz, foi traducida a máis de cento corenta idiomas. A continuación podedes vela e escoitala e múltiples idiomas.
Curioso é escoitalo e ver a escritura en 52 idiomas, co karaoke nos distintos idiomas.
Agradecemos a PaperYoshi o video, publicado o 24/12/2016
Tamén a ti, porque levas a música dentro: a sintes, cantas, bailas, interpretas, compones,.... porque a música enriquécenos e fainos vibrar, acompáñanos toda a vida.
Para que saibas que ti podes ser músico tamén, convídote a coñecer a través do seguinte video a un rapaz que sinte e transmite a música dun xeito extraordinario.
JOSÉ ANDRÉ MONTAÑO
José André Montaño de 10 anos de idade e cego de nacemento, impresionou a todos coa súa música.
Agradecemos a información a Univisión Noticias. Publicado o 20/03/2.015
Dende hai uns anos, no CEIP Eduardo Pondal, a festa do magosto enriquécese coa presencia do grupo de pandereteiras FARAGULLAS, da Asociación de Sampaio, para interpretar pezas tradicionais que enriquecen, dan valor a nosa cultura e fan as delicias do público.
Agradecemos ao grupo FARAGULLAS, a súa participación na festa do magosto.
O magosto é a festa das castañas. É unha festa moi antiga e a máis representativa do outono, as dúas datas máis concorentes para facer a súa celebración son: o día 1 de novembro, festa de Todos os Santos, ou o día 11, festa de San Martiño.
As castañas tiveron moita importancia na alimentación da xente noutros tempos. Agora comémolas de cando en vez, pero cando aínda non se coñecían as patacas formaban parte de moitas comidas, por iso era tan celebrada a súa chegada.
Agradecemos este video coa letra a D. Jesús Pareja.24/10/2.016
O Samaín é unha festa de orixe celta. A noite do 31 de outubro comeza a festa en honor dos difuntos, extendéndose ata o 1 de novembro.
Polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño, posteriormente cabazas, introducindo dentro candeas. No conto Corre corre, cabaciña de Eva Mejuto e André Letia, foi escollido por Almudena Janeiro para transformalo en cantiga, que aparece no libro de Contos en cantos.
Agradecemos o video a exploradores 3a, publicado o 25/10/2.010
É sen dúbida a festa de "Halloween" o fenómeno cultural máis intimamente vencellado á nosa tradición do tallado de caveiras. O mundo británico ten a tradición nestas datas, de disfrazarse de persoeiros relacionados con meigas e bruxas, disfrazándose con motivos relacionados coa morte.
"El brujito de Gulubú" de Elena Wash, reproducido polo grupo CANTAJUEGOS.
EL BRUJITO DE GULUGÚ
Agradecemos a letra da canción e o video do grupo Cantajuegos á responsable do blog de Educación Musical: valdemusica.blogspot.com, publicado o 24/10/2.013
Agradecemos o video a thelittledeedee. 11/07/2.009
SING ALONG with Putumayo
Agradecemos a Kidzo 123 este video. 15/12/2.010
Putumayo Kids é un dos selos de discos independentes para nenos máis coñecido e máis queridos do mundo, unha aventura chea de cantos e bailes para nenos de mente esperta e curiosa. A súa travesía musical comezou no 2002 cando Putumayo, un recoñecido selo de música do mundo fundado en 1993, pensou en estender a súa maxia musical cara aos nenos de todo o mundo. O planeta Putumayo é un lugar para divertirse, onde os nenos de todos os países xúntanse para bailar, xogar, cantar e descubrir os tesouros culturais de todo o mundo.
A continuación un fragmento de African Playground
Agradecemos o video a Valéria Hajdó. 05/10/2.014
É unha colección de Cd´s en permanente crecemento e cadernos de actividades multiculturais llenitos de música alegre e festiva, culturalmente auténtica, acompañada de notas explicativas educativas. Divídese en 2 correntes: Playground (para a hora do xogo) e Dreamlands (para favorecer o soño de péquelos). Cancións de Africa, Hawai, Brasil, Francia, o Caribe, e moitas máis para introducir aos nenos nas distintas culturas do mundo.
Agradecemos o seguinte video a Meltem Altay. 16/06/2.014