A MÚSICA DAS ÁRBORES con D. SERVANDO BARREIRO FERNÁNDEZ
O luns 15 de febreiro de 2.016 no CEIP Eduardo Pondal, contaremos coa presencia de D. SERVANDO BARREIRO FERNÁNDEZ.
Músico de formación clásica e contador de historias. Debido ao seu
crecente interese pola música tradicional galega, comeza a facer
arranxos de melodías recollidas de diferentes cancioneiros
galego-portugueses ou do contacto directo coa xente do rural en
traballos de campo. Paralelamente, realiza composicións musicais con
letras propias e de poetas clásicos e contemporáneos galegos. Froito
deste traballo foi premiado no IV Festival Galego da Canción, que supuxo
a gravación do seu primeiro disco compartido cos demais finalistas.
Logo chegarían os traballos discográficos “O son da sega” (1996), “A
dança do lume”( 1999), “Som voltas”(2004) e, máis recentemente, o
libro-cd baseado en contos de Anxo Moure: “Vicentinho e as árvores da
paz” (2010). O libro-cd “A música das árbores” (Xerais, 2015), en
coautoría con Anxo Moure, é a súa primeira obra en Xerais.
ANXO MOURE e SERVANDO BARREIRO
«Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían
música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha
orquestración. Cando a chuvia cae nas follas soa un violín, unha gaita,
unha zanfona, cada vez que unha treboada fai danzar os freixos ármase un
espectáculo de ballet»
A música das árbores é un libro-disco que conxuga a narración, a música e
a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus
habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen
facendo falar os corazóns.Músicos:
Servando Barreiro: voz, guitarra e concertina.
Gonzalo R. Caride: gaita galega en re, frauta doce, chalumeau, tín Whistle, asubío, frauta traveseira en re e Vlolín.
Maica Álvarez: zanfona, didgeridoo e voces.
Mauro Garrido: violoncello.
Suso Feixon: percusións.
Cesar Freiria: home orquestra.
Crisina Fernández e Marta Fada voces.
Oliver, Antia, Rochi e Chus: coros.
Dirección e produción artistica: Servando Barreiro
O disco foi gravado entre setembro e decembro de 2014 nos estudios Son
Feixon de Beade, Vigo, con MIG SEOANE como técnico de son.
O libro conta de 56 págs. con ilustracions de Chus Láuzara
Ningún comentario:
Publicar un comentario