Con motivo da celebración do día de Rosalía, achegamos unha breve pincelada da música de Dona Uxía Senlle do libro "ROSALÍA PEQUENIÑA", da canción que da nome ao libro, con letra de Dona Uxía Senlle e con música de D. Magín Blanco.

A música das árbores é un libro-disco que conxuga a narración, a música e a poesía para falarnos da posibilidade dun mundo onde os seus habitantes vivan en harmonía coa natureza e onde os problemas se amañen facendo falar os corazóns.
Servando Barreiro: voz, guitarra e concertina.
Gonzalo R. Caride: gaita galega en re, frauta doce, chalumeau, tín Whistle, asubío, frauta traveseira en re e Vlolín.
Maica Álvarez: zanfona, didgeridoo e voces.
Mauro Garrido: violoncello.
Suso Feixon: percusións.
Cesar Freiria: home orquestra.
Crisina Fernández e Marta Fada voces.
Oliver, Antia, Rochi e Chus: coros.
Dirección e produción artistica: Servando Barreiro
O disco foi gravado entre setembro e decembro de 2014 nos estudios Son Feixon de Beade, Vigo, con MIG SEOANE como técnico de son.
O libro conta de 56 págs. con ilustracions de Chus Láuzara
Editorial: XERAIS