mércores, 27 de setembro de 2017

Coñecendo a frauta doce



A FRAUTA DOCE

A frauta doce, tamén coñecida como frauta de pico, é un instrumento musical de vento cunha amplísima e rica historia que vai desde a idade media, moderna e contemporánea. Na súa evolución experimentou diversas modificacións, cambios e alteracións propias de cada época.

O seu nome en lingua española fai alusión ao timbre cálido e doce que emite, pero tamén é coñecida como Frauta de pico pola súa embocadura que se asemella á devandita forma. En idioma inglés coñécese como Recorder, termino acuñado aproximadamente no século XV pola capacidade de evocar recordos ou situacións ao influxo da súa melodía. Recibe o nome de Flute a Bec en francés, Flauto dolce en italiano, mentres que os países de fala xermana coñécena como Blockflöten. Todos estes nomes para diferenciala da frauta traversa ou travesera. 


A frauta doce soprano é a de uso máis extendido entre as flautas de pico, polo seu tamaño e pola súa facilidade de aprender, transportar e executar en comparación coas demais e está afinada en Do, por iso emprégase como instrumentos colectivo nas escolas.

Fontanella Recorder Quintet 

interpretando a súa versión da popular melodía Greensleeves.



TIPOS DE FRAUTAS DOCES 

Piccolo o Garklein


Sopranino                                                        Soprano

 

 

 

 

 

 

 

 

Contralto                                                                Tenor

 

 

 

 

 

 

 

          

        Bajo                                                            Gran Bajo

 

Todas a información, imaxes e vídeo foron recollidas na seguinte páxina de referencia FRAUTA DOCE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario