
Discordia
é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle
picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé.
Discordia
disfruta facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E
come olivas como unha tola... Menos mal que ten unha curmá fada … pois
xa se sabe que na familia haiche de todo.
Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.
“Que todos nun pispás,
compartan cos demais,
dando amor ao redor,
que en paz se vive … mellooooooorrrrrr.”
MAMÁ CABRA é un grupo de música infantil galego que comezou a súa andaina no ano 2.000. A idea orixinal naceu de Gloria Mosquera Roel, que preparaba cancións para as súas clases de Educación musical. O grupo ten como formación básica cinco músicos: guitarra eléctrica, baixo eléctrico, batería, vento e voz, e noutras pezas inclúen coro, acordeón e outros instrumentos.
Componentes do grupo:
Gloria Mosquera Roel: vozPablo Dalama Piñeiro: flautas, gaitas, saxofón
Paco Cerdeira Castiñeiras: guitarra eléctrica
Diego Maceiras Pedreira: acordeón, acordina
Rodrigo López Muñoz: batería, percusión
Tomi López Serrano: bajo eléctrico, guitarras
Pauna Romero Canedo: coro
Sandra Romero Canedo: coro
Montse Rivera Crespo: coro
Merchy Rozas: coro
Miguel Flores: coro
GLORIA MOSQUERA ROEL
PABLO DALAMA PIÑEIRO
DIEGO MACEIRAS PEDREIRA
RODRIGO LÓPEZ MUÑOZ

TOMI LÓPEZ SERRANO

MANOLO

A información e as imaxes anteriores foron recollidas das seguintes fontes:
http://www.gatipedro.es/artistas-item/mama-cabra/
Parte do espectáculo PAXARO AMIGO.
Agradecemos este video a Gloria Mosquera. Subido o 4 de xullo de 2.016
Ningún comentario:
Publicar un comentario