domingo, 20 de novembro de 2016

Día internacional do neno, interpretando música ou dirixindo

No día internacional do neno, comprobaremos que os nenos/as, aman e disfrutan coa música e a interpretan de maravilla.
En primeiro lugar poderedes ver e escoitar  THE ENTERTAINER de Scott  Joplin, que empregouse na película " El Golpe", interpreta pola Orquestra  de Nenos da Sinfónica de Galicia .
Agradezco a Dna Alejandra Alexandra este vídeo, incorporado a youtube  o 3 de xullo de 2.015.




O talento musical nalgúns casos é incuestionable, ademais de ir acompañado de formación e apoio da familia.

DANIELA LIEBMAN a rapaza que namorouse do piano. 
Daniela deu o seu primeiro concerto aos tres anos, ademáis dun gran talento, o traballo e esforzo diario e o apoio dos pais e o seu gran maestro leváronna a ser hoxe en día a mellor pianista clásica da súa idade.
O seguinte vídeo foi publicado en youtube por CNN México o 12 de xullo de 2.013.



DANIELA LIEBMAN debuta no CARNEGIE HALL aos 11 anos no 2.013.

Un dos sonos de todo pianista profesional é realizar un concerto no Carnegie Hall de Nueva York. Daniela Liebman conseguiuno con tan só 11 anos, acompañando a The Park Avenue Chamber Symphony, baixo a batuta de David Bernard, na que interpretará o Concerto para piano nº 2 de Shostakovich; tamén participará o vilionista estadounidense Jourdan Urbach.

O seu gusto pola música comeza na máis terna infancia, cando escoitaba ao seu pai tocar o violín e a súa avóa o piano.  O que nun principio parecía un xogo converteuse en pasión, e logo nunha profesión que é guiada polo seu pai: Robert Liebman. 

Aos sete anos, ingresou no Instituto Universitario de Bellas Artes de Colima co maestro D. Anatoli Zatin, compositor, músico e director de orquestra ruso.

Ademáis do seu talento innato, Daniela Liebaman adica cinco horas diarias a practicar o piano na casa. Comenta "Xa non vou a escola normal, levo un programa con dúas maestras particulares, unha de inglés e outra de español, porque é a única maneira de compaxinar as viaxes e as xiras". "Cando toco trato de comunicar ao público o que sinto". Prefire o jazz á música pop, gústalle ler e xogar ao xadres pero non lle gusta a televisión.
"CANDO EMPEZAS A COÑECER A MÚSICA CLÁSICA DESCOBRE QUE É MOI FERMOSA".




Logros acadados:
Aos 7 anos ganou o Concurso Nacional de Piano Parnassos 2.009 en Monterry.
 No 2.010 acadou o primeiro lugar en Noche de Madrid, onde competiu con solistas de 16 países.
 No 2.012 gañou o primeiro premio na categorías de músicos novos no Russian Music International Piano Competition en San José, California.
Foi seleccionada para participar nun concerto de LANG-LANG que ofreceu en Berlín, para festexar o seu 30 cumpreanos. Na gala participaron 50 niños músicos e o concerto realizouse posteriormente en México.
Agradezo a LicPerafanNoticias a publicación deste vídeo e da información recollida o 28 de outubro de 2.013.


Agradezo a Dna Daniela Liebman  a publicación deste vídeo o 11 de abril de 2.013 , interpretando un fragmento do Concerto nº de 2 de Shostakovich.  



No seguinte vídeo escoitarémos un fragmento de Daniela Liebman ao piano coa Sinfónica de México, publicado por Enlace Judío o 23 de febreiro de 2.016. Moitas grazas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario