BEA CAMPOS, contacontos, estivo no CEIP Eduardo Pondal cos alumnos de infantil e primaria e cantou esta cantiga.
Aquí a tedes nun vídeo que subiu Carlos Barba o 5 de septembro de 2.009.
Esta e outras cantigas aparecen no seguinte libro:
Con este vídeos, buscamos fomentar os valores de respecto e
compañerismo, que serán ferramentas indispensabeis ao longo da nosa
vida.
O noso exemplo é fundamental: coas nosas frases e accións, co exemplo diario, amosamos o camiño a seguir polas nenas e nenos.
Canto antes as simelen e as incorporen na súa realidade cotidiá: na casa, na
escola, no barrio,... moito mellor, medrando e enriquecéndose como
persoas.
RAP DEL BUEN TRATO
Agradecer a FullMusyc este rap subido o 21 de outubro de 2.013.
CONTO: Dale la mano al buen trato.
Agradecer a Dna María DC que publicou este video en youtube o 30 de outubro de 2.013.
VÍDEO : Arturo e Clementina
Agradecer a Patricia Mora Palomares este vídeo, publicado o 20 de abril de 2.015.
Este vídeo fomenta a reflexión sobre a importancia do respecto, a valoración dun mesmo e do
maltrato verbal e psicolóxico, que vai minando completamente a persoa, ata que decátase que
é autónoma e importante, e toma as súas decisións.
Actividade desenvolvida en colaboración co grupo de 2º e 3º de educación primaria.
Este vídeo, realizado en Italia, amosa que realmente os rapaces saben dicir NON á violencia do xénero, explicando por qué, co títuo "Lo insólito en la red", agradecemos a Conector Social a súa publicación o 7 de xaneiro de 2.015.
Os nenos, contrariamente co que as veces sucede cos adultos, moitas vecen teñen claro o que NON hai que facer, neste caso, agredir ou golpear a unha muller. Este vídeo amosa como sendo aínda un rapaz, pódese demostrar ser un gran home.
Estamos seguros que cada un de vos faría o mesmo que fixeron eles.
O 22 de novembro de cada ano, os músicos celebramos a nosa patrona: Santa Cecilia.
Todos somos musicais e disfrutamos coa música, acompañando co corpo, percusión, tarareando, cantando, bailando ou interpretando pezas musicais individual ou colectivamente.
Con motivo da celebración de Santa Cecilia, patrona dos músicos, e posto que este ano traballamos a temática do cine no CEIP Eduardo Pondal ; na aula de música veremos e crearemos efectos sonoros e disfrutaremos de bandas sonoras de películas.
Deíxovos este vídeo realizado con efectos cotidiáns de oficina: tazas, vasos, botellas,...con música de MOZART. O meu agradecemento a Canal de Jao07taguango por subir este video , Mozart na oficina, o 15 de xuño e 2.008.
No día internacional do neno, comprobaremos que os nenos/as, aman e disfrutan coa música e a interpretan de maravilla.
En primeiro lugar poderedes ver e escoitar THE ENTERTAINER de Scott Joplin, que empregouse na película " El Golpe", interpreta pola Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia .
Agradezco a Dna Alejandra Alexandra este vídeo, incorporado a youtube o 3 de xullo de 2.015.
O talento musical nalgúns casos é incuestionable, ademais de ir acompañado de formación e apoio da familia.
DANIELA LIEBMAN a rapaza que namorouse do piano.
Daniela deu o seu primeiro concerto aos tres anos, ademáis dun gran talento, o traballo e esforzo diario e o apoio dos pais e o seu gran maestro leváronna a ser hoxe en día a mellor pianista clásica da súa idade.
O seguinte vídeo foi publicado en youtube por CNN México o 12 de xullo de 2.013.
DANIELA LIEBMAN debuta no CARNEGIE HALL aos 11 anos no 2.013.
Un dos sonos de todo pianista profesional é realizar un concerto no Carnegie Hall de Nueva York. Daniela Liebman conseguiuno con tan só 11 anos, acompañando a The Park Avenue Chamber Symphony, baixo a batuta de David Bernard, na que interpretará o Concerto para piano nº 2 de Shostakovich; tamén participará o vilionista estadounidense Jourdan Urbach.
O seu gusto pola música comeza na máis terna infancia, cando escoitaba ao seu pai tocar o violín e a súa avóa o piano. O que nun principio parecía un xogo converteuse en pasión, e logo nunha profesión que é guiada polo seu pai: Robert Liebman.
Aos sete anos, ingresou no Instituto Universitario de Bellas Artes de Colima co maestro D. Anatoli Zatin, compositor, músico e director de orquestra ruso.
Ademáis do seu talento innato, Daniela Liebaman adica cinco horas diarias a practicar o piano na casa. Comenta "Xa non vou a escola normal, levo un programa con dúas maestras particulares, unha de inglés e outra de español, porque é a única maneira de compaxinar as viaxes e as xiras". "Cando toco trato de comunicar ao público o que sinto". Prefire o jazz á música pop, gústalle ler e xogar ao xadres pero non lle gusta a televisión.
"CANDO EMPEZAS A COÑECER A MÚSICA CLÁSICA DESCOBRE QUE É MOI FERMOSA".
Logros acadados:
Aos 7 anos ganou o Concurso Nacional de Piano Parnassos 2.009 en Monterry.
No 2.010 acadou o primeiro lugar en Noche de Madrid, onde competiu con solistas de 16 países.
No
2.012 gañou o primeiro premio na categorías de músicos novos no Russian
Music International Piano Competition en San José, California.
Foi
seleccionada para participar nun concerto de LANG-LANG que ofreceu en
Berlín, para festexar o seu 30 cumpreanos. Na gala participaron 50 niños
músicos e o concerto realizouse posteriormente en México.
Agradezo a LicPerafanNoticias a publicación deste vídeo e da información recollida o 28 de outubro de 2.013.
Agradezo a Dna Daniela Liebman a publicación deste vídeo o 11 de
abril de 2.013 , interpretando un fragmento do Concerto nº de 2 de Shostakovich.
No seguinte vídeo escoitarémos un fragmento de Daniela Liebman ao piano coa Sinfónica de México, publicado por Enlace Judío o 23 de febreiro de 2.016. Moitas grazas.
Un
ano máis, tivemos o pracer de contar no CEIP Eduardo Pondal, coa
presencia dun grupo de pandereteiras do grupo FARAGULLAS, da Asociación
de Sampaio, que en directo, interpretaron varias pezas galegas para
deleite dos espectadores: alumnos, mestres e pais do CEIP Eduardo
Pondal, alumnos, mestres e pais da gardería de Sampaio.
Agradecerlles
a súa presencia e as súas interpretacións, así como a transmisión da
nosa cultura e o seu valor cultural e social.
A continuación podedes disfrutar do vídeo que amablemente pasoume Dna Paula Silva e que gravou a súa filla, a señorita Noemí Piñeiro Silva.
O seguinte vídeo foi subido por Dna Ángeles Formoso á web do CEIP Eduardo Pondal o 18 de novembro de 2.016.