xoves, 28 de abril de 2016

COLECCIÓN DE CONTOS MUSICAIS : A mota de polvo

 A colección "LA MOTA DE POLVO",  é unha proposta pedagóxica e cultural, onde a música invita á lectura e a lectura leva a desfrutar da música, onde a colaboración de D. Fernando Palacios e a editorial Agruparte deron un paso de xigante creando contos musicais de gran calidade e interese musical, artístico e cultural, destinado a todo público, pero con gran carácter pedagóxico e didáctico para empregar co alumnado.

Estes discos-libros constitúen unha fórmula chea de posibilidades para todos os públicos, especialmente para os nenos e novos.
A colección está avalada polo éxito dos CONCERTOS DIDÄCTICOS que o compositor e pedagogo musical D. Fernando Palacios leva desenvolvendo dende fai unha década de man de numerosas orquestras, entre as que cabe destacar a Orquestra Sinfónica de Canarias.


                                                             Fernando Palacios

Música de calidade, textos apasioantes e ilustracións a todo color compoenen os ingredientes deta colección que amosa, a través dos seus diversos títulos, músicas dos máis diversos estilos para que os rapaces as coñezan e integren de forma amena e divertida. 
Ademais cada conto consta dun libro con cd e un caderno pedagóxico a modo de guía didáctica. O cd inclúe unha narración do conto coa música e unha versión da música sen o texto.



 
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario