sábado, 30 de abril de 2016

OS SOÑOS NA GAIOLA, poemas de D. MANUEL MARÍA, cantados por D. Suso Vaamonde


Suso Vaamonde e Manuel María.

 
Nesta nova edición OS SOÑOS NA GAIOLA, dos poemas de D. Manuel María, na voz de Suso Vaamonde conséguese unha fusión artística que chega a todo o que a escoita, sentindo o noso entorno, a nosa música e a nosa cultura.

xoves, 28 de abril de 2016

COLECCIÓN DE CONTOS MUSICAIS : A mota de polvo

 A colección "LA MOTA DE POLVO",  é unha proposta pedagóxica e cultural, onde a música invita á lectura e a lectura leva a desfrutar da música, onde a colaboración de D. Fernando Palacios e a editorial Agruparte deron un paso de xigante creando contos musicais de gran calidade e interese musical, artístico e cultural, destinado a todo público, pero con gran carácter pedagóxico e didáctico para empregar co alumnado.

Estes discos-libros constitúen unha fórmula chea de posibilidades para todos os públicos, especialmente para os nenos e novos.
A colección está avalada polo éxito dos CONCERTOS DIDÄCTICOS que o compositor e pedagogo musical D. Fernando Palacios leva desenvolvendo dende fai unha década de man de numerosas orquestras, entre as que cabe destacar a Orquestra Sinfónica de Canarias.


                                                             Fernando Palacios

Música de calidade, textos apasioantes e ilustracións a todo color compoenen os ingredientes deta colección que amosa, a través dos seus diversos títulos, músicas dos máis diversos estilos para que os rapaces as coñezan e integren de forma amena e divertida. 
Ademais cada conto consta dun libro con cd e un caderno pedagóxico a modo de guía didáctica. O cd inclúe unha narración do conto coa música e unha versión da música sen o texto.



 
 
 
 

OS MÚSICOS DE BREMEN

Os músicos de Bremen foi o conto elexido para a porta de aula de música, por ser un dos contos tradicionais máis coñecidos. Foron as mestras co seus alumnos de primeiro e segundo de primaria os que, en colaboración coa mestra de música realizaron o deseño da mesma.






Unha experiencia musical na que o alumnado a partires do conto Os músicos de Bremen dos irmáns Grimm, recrearon unha versión na que combinaban o teatro e a música, baixo a dirección de Dona Paula Carrera, mestra de educación musical no IES Proval de Nigrán. Este traballo permitiu a integración de persoas con discapacidade visual e intelectual, o que mereceu a publicación do libro co mesmo título e o premio CreArte do Ministerio de Cultura.






No seguinte vídeo podedes coñecer algúns aspectos fundamentais  dun espectáculo deste tipo: OS   MÚSICOS DE BREMEN no teatro Sanpol, en Madrid de 2.014.




Publicado el 27 ene. 2014
El 25 de enero se estrenó el espectáculo "Los músicos de Bremen", en el Teatro Sanpol de Madrid. Con música de Nacho Mañó, miembro del mítico grupo Presuntos Implicados. Interpretado pola compañía LA BIBICLETA.





domingo, 24 de abril de 2016

PETER PAN



Con la reproducción en la televisión de Las nuevas aventuras de Peter Pan, esta melodía es conocida y disfrutada por todos los que la siguen. Pulsando el vídeo podreis cantar en Karaoke la canción.






BLANCANIEVES Y LOS SIETE ENANITOS




OS CONTOS DAS AULAS E MELODÍAS ASOCIADAS


Cada aula escolleu un conto clásico, co que deseñou a súa aula e realizaron múltiples actividades sobre o mesmo. Dende a aula de educación musical, realizaouse unha investigación de melodías relacionadas con cada unha dos proxectos das distintas aulas.

Os proxectos presentaranse independentemente nas seguintes entradas

Ed. Infantil 3 e 4  anos BLANCANIEVES Y LOS SIETE ENANITOS.

Ed. Infantil 5 anos PETER PAN

1º Ed. Primaria  CARAPUCHIÑA VERMELLA.

2º Ed. Primaria. OS FABÓNS MÁXICOS.

3º e 4º  Ed. Primaria. O LOBO E OS TRES PORQUIÑOS

5º e 6º Ed. Primaria. PINOCHO

sábado, 23 de abril de 2016

OS CONTOS E A MÚSICA

Os contos aportan vivencias inesquecibles da infancia, aprendizaxes, exemplos, ... , que en ocasións, cada vez máis frecuentes, enriquecéronse coa arte da música.

Os  contos tradicionais  máis coñecidos son" Os músicos de Bremen"  e "O frautista de Hamelin".





 














Os libros de música da editorial Galinova, inclúen varias cantigas en galego sobre contos tradicionais moi enriquecedores, realizados por D. Xosé Lueiro e DonaSusa Herrera.



Dentro do mundo dos músicos cabe destacar os contos nos que a música é un aspecto fundamental "Pedro e o lobo", "El carnaval de los animales!" "Piccolo, saxo y compañia" "El cascanueces".