A Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV), en colaboración co Concello de Vigo, realizan un concerto didáctico para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria do CEIP Eduardo Pondal, coa temática de música para a tolerancia.
Na realidade social na que vivimos, na que os conflitos e os enfrontamentos entre as persoas ocasionados polas súas diferenzas dificultan a convivencia, empregamos a música para educar para a tolerancia, porque é unha linguaxe universal que non entende de fronteiras nin de discriminacións.
Aprendemos e traballamos músicas de distintas culturas: remitidas pola Escola Municipal de Música de Vigo:
- NITURIM KLEZMER
Esta peza pertence a tradición musical xudea, concretamente ao repertorio Klezmer.
O pobo xudeu foi expulsado das súas terras hai máis de 3.000 anos e a partir de entón asentouse en diferentes países levando consigo a súa cultura e as súas raíces. A súa vez asimilaron influencias das comunidades coas que conviviron. Precisamente desta influencia cultural xorde en Europa Oriental o estilo Klezmer con pezas para actos festivos, especialmente vodas.
- DONNA, DONNA
Joan Báez e Bob Dyland
Ao longo do seu exilio, o pobo xudeu sufriu múltiples persecucións e matanzas. Esta historia tivo o seu punto álxido durante o réxima nazi en Europa, que planificou o exterminio total do pobo xudeu provocando seis millóns de vítimas. A estes terribles feitos alude o texto da próxima canción que imos escoitar: Donna, Donna. Nela, compárase a situación dun becerro conducido ao matadoiro coa deportación dos xudeus na Segunda Guerra Mundial.
- GO DOWN MOSES
Louis Amstrong
Descende Moisés, fala da fuxida dos xudeus de Exipto onde vivían como escravos en condicións parecidas nas que estaban os africanos en Norteamérica.
Esta peza é de tradición musical afroamericana, é un espiritual negro, un canto relixioso no que se mesturaban os ritmos de África coas melodías dos himnos dos colonos brancos. Tamén estaban baseados no patrón africano de chamada e resposta cun líder cantando e contestado polo coro.
- I GOT RHYTHM de George and Ira Gershwin.
George e Ira Gershwin
A partir do espiritual, fusionado con outros estilos musicais como o blues o ragtime, xurdiu a música de jazz que é probablemente o estilo máis universal da música afroamericana. Tamén aquí os músicos de jazz baseáronse en melodías populares, a miúdo de musicais, para facer versións no seu estilo. Este é o caso da seguinte peza: I¨ve got Rhythm do compositor G. Gerswing que orixinalmente compúxose para o musical Girl Crazy e posteriormente empregouse na banda sonora da película "Un americano en París" dirixida por Vicent Minneli e gañadora de varios Óscar.
- The BASSO.
A última cultura que imos abordar ten a súa orixe na indica. Estamos falando da comunidade xitana que durante o século XV asentouse en Europa. A súa música foi recibindo influencias dos diferentes pobos cos que tiveron contacto na súa peregrinaxe e así segundo a zona na que estiveron deu lugar ás diferentes denominacións que hoxe coñecemos: cíngaros en Europa oriental, gypsy nos lugares de fala anglosaxona e xitanos en España.
- SWING 42. DJANGO REIHARD
Django Reihard
Alá onde habitaron, o pobo xitano asimilou características das culturas autóctonas para reinterpretalas según as súas propias tradicións, facendo manifestas as posibilidades de multiculturalidade e a mestizaxe.
Nesta peza o xenial guitarrista belga Djanbo Reinhardt funde a música xitana e afroamericana para crear un xénero novo, coñecido hoxe como gypsy jazz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario