domingo, 31 de decembro de 2017

Feliz Aninovo 2018, coa música rusa Kalinka e fogos de artificio.

 Co seguinte espectáculo de música, fogos de artificio e auga, perfectamente sincronizados coa cantiga rusa Kalinka,  desexamos a todos un Feliz Aninovo, cheo de saúde, ledicia e sonos . E... que non falte nunca a música!!!


 Agradecemos o video a manioban, publicado o 21/12/2016

martes, 19 de decembro de 2017

Percorremos o mundo coa panxoliña STILLE NACHT

A música é un medio de comunicación que traspasa fronteiras. Un caso concreto é o das panxoliñas, sendo o caso máis destacado o de
Stille Nacht, título orixinal da panxoliña Noite de Paz.  

Fíxose tan popular en todo o mundo que foi declarada Patrimonio intanxible da humanidade pola Unesco no 2.011.
Esta panxoliña naceu en Alemania fai douscentos anos, nun pequeno pobo de Salzburgo en Austria. 
Joseph Mohr, autor da letra, era sacerdote na localidade de Obendorf e pediulle a Franz Gruber, un mestre da escola local, que compuxese a música.
No Nadal de 1818 a canción foi interpretada por primeira vez ante o público na igrexa de San Nicolás: Mohr cantaba e Gruber acompañábao coa guitarra. 
A igrexa de San Nicolás foi demolida a principios do s. XX tras unha inundación. No seu lugar construíron a "Capilla Memorial Noche de Paz", en homenaxe ao sacerdote e ao mestre que crearon dita panxoliña.



Franz Gruber na imaxe da esquerda na capela de Obendorf.










Agradecemos a BBC mundo noticias a información anterior.

Noite de Paz, foi traducida a máis de cento corenta idiomas. A continuación podedes vela e escoitala e múltiples idiomas.


Curioso é escoitalo e ver a escritura en 52 idiomas, co karaoke nos distintos idiomas.
Agradecemos a PaperYoshi o video, publicado o 24/12/2016




xoves, 14 de decembro de 2017

Panxoliñas galegas do grupo Mamá Cabra


Coas panxoliñas de Mamá Cabra desfrutamos da música no Nadal.
Teñen publicados








 No seguinte video vemos algunhas imaxes do libro, mentres escoitamos as panxoliñas "Os reis de Santo André" e "O Apalpador"


Agradecemos a Sonárbore a publicación do video o 03/12/2012



No seguinte video escoitamos a panxoliña  
Xa me tardan estes magos, do libro Xa me tardan estes magos 
do grupo Mamá Cabra



Agradecemos a manu santiago este video, publicado o 13/12/2012

martes, 12 de decembro de 2017

Navidad : Canción Las Letras mágicas de Jesús Pareja


Una canción de Navidad, donde Jesús Pareja, nos deja una maravillosa canción con karaoke, lo que importa en realidad es vivir, sentir y compartir .


Agradecemos a Jesús Pareja este video, publicado el 14/12/2.014


 

 

venres, 1 de decembro de 2017