martes, 21 de xuño de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA :Orquestra con instrumentos de xeo

O 21 de xuño celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA 

O seu obxectivo é a organización de concertos gratuiros, nos que o público teña a oportunidade de presenciar os seus artistas preferidos e promocionar a músicos aficionados, que con motivo desta data tocan na rúa.


Con motivo desta data especial para a música presentámosvos estos curiosos instrumentos construídos con xeo, e no que escultores e músicos colaboran na súa elaboración.
Os escultores que queren participar durante todo o ano colaboran con músicos para o deseño de instrumentos: arpas, chelos, tambores. O festival celébrase na localidade montañosa de Geilo.  
Un son especial e único. Instrumentos de xeo no festival de música de Noruega con temperaturas baixo cero.


No seguinte vídeo podedes ver como os construén e logo os tocan.



venres, 3 de xuño de 2016

Silly Symphony : MUSIC LAND, 1.935. Wilfred Jackson

 Silly Symphonies ou sinfonías tontas, foi unha serie de máis de 70 curtos animados producidos por Disney entre 1.929 e 1.939, todos eles historias que suceden ao ritmo da música, sen diálogo algún. 

Vos convidamos a disfrutar deste conto e crear a vosa historia e diálogos. 
 


LA ORQUESTA QUE ENMUDECIÓ, conto musical



A colección "Cuenta cuentos de Salvat", inclúe o conto "La orquesta que enmudeció", que podedes  escoitar e ver no seguinte vídeo.


xoves, 2 de xuño de 2016

CONTO: SOFÍA A VACA QUE AMABA A MÚSICA



A música é vida, expresión, traballo en equipo, interpretación e comunicación co público, ...  e Sofía nolo demostra neste conto, que vemos no vídeo creado por Remei Gómez García.