martes, 25 de outubro de 2016

Musical conto HANSEL E GRETEL en VIGO, este sábado

“Hansel y Gretel, un mágico musical”  chega a Vigo este sábado 29 de outubro, as 18 horas, no AUDITORIO PAZO DE CONCRESOS MAR DE VIGO. (Avenida de Beiramar, 59).
Valores como a importancia da unión da familia, o valor da amizade, o respeto e o  coidado dos  maiores sustentan unha historia na que se misturan a aventura, a ternrura e o humor.
Entre outros recoñecementos, este espectáculo recibiu 4 Nominacións nos Premios de Teatro Musical 2016: Mellor Dirección Artística, Mellor Deseño de Iluminación, Mellor Actor Secundario e Mellor Actriz Protagonista.



Baseado no  inmortal conto dos irmáns Grimm, Hansel e Gretel, un máxico musical, reinventa o conto cunha nova versión en formato musical con libreto e cancións orixinais de Miguel  (adaptador de “Priscilla, reina del desierto”, “Sonrisas e Lágrimas” “Shrek o Musical”, “Avenue Q”). O espectáculo conta con coreografías de Sonia Dorado (“Mamma Mía”, “El Zorro”), orquestacións de Pablo Trujillo (orquestador na Banda Sonora de “Invictus” de Ridley Scott) e un elenco de artistas procedentes dalgunhas das mellores produccións de teatro musical do país.  O reparto está encabezado por Juan Antonio Carrera (Hansel), Ruth Ge (Gretel), Angel Muñiz (Patas Locas/Boris) e Esther Izquierdo (Iselda).
Neste musical,presentan aos irmáns, Hansel e Gretel. como rapaces loitadores, que acuden ao bosque prohibido na procura dun tesouro, que axude a súa familia a saír da pobreza.  

luns, 24 de outubro de 2016

Canción BIBLIOTECA ESCOLAR de Carmen Gil

CARMEN GIL 


Carmen Gil creou a cantiga LA BIBLIOTECA ESCOLAR, chea de protagonistas e coa maxia dos libros. 
Iremos ao enlace da páxina de Carmen Gil para ver e escoitar a súa cantiga, clicando na palabra BIBLIOTECA .

mércores, 19 de outubro de 2016

Cancións e bandas sonoras para as mochimaletas da BIBLIOCROCAIO


A música, as cancións e os efectos sonoros son fundamentais no cine.  Por iso, nesta ocasión creei un vídeo con cancións e bandas sonoras para desfrutar véndoas e escoitándoas.

Posto que pesa demasiado o vídeo de Movie Maker,  creei unha nova presentación con Kizoa, que fai unha selección do vídeo de Óscarzayus, autor do vídeo "TOP 60 canciones Disney".

 Para poder ver o vídeo das tres presentacións, clique en CROCAIO e accederá ao mesmo.

A continuación o vídeo completo de Óscarzayus, autor do vídeo "TOP 60 canciones Disney".


sábado, 15 de outubro de 2016

Bob Dyland e o cine

                                               Bob Dylan nos seu comezos. Na foto con Joan Báez.

Máis alá da polémica do Premio Nóbel de literatura otorgado, o 13 de ouctubro de 2.016, a Bob Dylan. É   unha figura fascinante que inspirou a numerosos artistas, durante décadas.
A continuación información extraída da Revista de cine: Mabuse do artigo Bob Dylan e o cine:
A súa relación co cine comezou cando realizaron un documental sobre a súa vida.Unha debidilidade común dos documentais musicas é que son feitos por fans. 
O cineasta D. A Pennebaker, non estaba familiarizado coa música do artista ni coa súa biografías, nin coa importancia na música, tras levar o folk americano a territorios insospechados.

Don't Look Back (1967) é tanto unha película sobre Dylan como unha mirada á industria do rock.  Sobre o escenario é un trovador sensible e agudo e tras bambalinas a súa imaxe é completamente diferente. 

Dylan volve insistir no cine , crea Eat The Document, que é un fracaso e sumado á  mala crítica que recibiu a  súa novela experimental Tarantula, levaría a Dylan a concentrarse exclusivamente na música e apartarse do foco dos medios por un tempo. Pero o cine voltaría  golpear na súa porta.
Tras outros fracasos realízase a película No Direction Home , que é o retrato máis completo de Bob Dylan ata o momento. Aínda que no 2.007 realizouse a película  I'm Not There, esta é unha obra para entendidos. 
Don't Look Back e I'm Not There,  marcan unha liña de tempo fundamental: a primeira como nacemento dun mito e, a segunda, como a súa consolidación. 
A realidade é que unha aproximación a Dylan é casi imposible, pro ser un artista en constante proceso de cambio.


A súa música foi inluída en centos de películas. No Blog de cine seleccionaron once esceas onde empregaron música de Bob Dylan.

Para coñecer máis datos sobre a filmografía  de Bob Dylan


venres, 14 de outubro de 2016

BOB DYLAN




Robert Allen Zimmerman; Duluth, EEUU, 1941, coñecido por todos como  BOB DYLAN.

 Resultado de imagen de Bob Dylan imágenes                                Resultado de imagen de Bob Dylan imágenes


Músico, cantantes, compositor e poeta estadounidense, é unha das figuras máis prolíficas e influíntes da súa xeración, na música popular do século XX e de comezos do século XXI.

A súa admiración polo poeta Dylan Thomas levouno a doptar o apelido artístico co que se fixo popular. Na década de 1.960 creou un estilo propio a partires da recuperación da música folk, cunhas letras cargadas de simbolismo e reinvidicacións, convertíndolle nun lídes no seu país. Cancións como  Blowin’ in the Wind, Maters of war o Talkin’ World War III blues, revolucionaron o pop mundial e abriron novos camiños tanto para cantautores como para bandas de rock. 

As letras de Dylan incorporan unha variedade de temas sociais, políticos, filosóficos e literarios que desafiaron a música pop convencional existente e apelaron xeralmente á contracultura emerxente na época.
Dylan ampliou e personalizou xéneros musicais ao longo de cinco décadas de carreira musical, nas que explorou a tradición musical estadounidense co folk, o blues, o country, o gospel, o rock and roll e o rockabilly, así como a música folk inglesa, escocesa e irlandesa, pasando polo jazz e o swing. 

 Dentro do seu repertorio destacan os álbumes: The freewheelin' BobDylan (1963), Blood on the tracks (1975) y Oh mercy (1989)

Ao longo da súa carreira, Dylan foi recoñecido e honrado polas súas composicións, interpretacións e gravacións. 
Resultado de imagen de Imágenes Bob Dylan
 Os seus discos valéronlle varios Grammys, Globos de Ouro e premios da Academia, gañou un Óscar no 2.001, e o seu nome áchase no Salón da Fama do Rock and Roll, o Salón da Fama de Compositores de Nashville e o Salón da Fama dos Compositores. 

En xaneiro de 1990, foi investido Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras polo Ministro de Cultura de Francia Jack Lang. 

No ano 2000, gañou o Premio de Música Polar da Real Academia Sueca de Música, e en 2004 alcanzou o segundo posto na lista dos cen mellores artistas de todos os tempos elaborada pola revista Rolling Stone, despois de The Beatles.

 O 13 de xuño de 2007 foi premiado co Premio Príncipe de Asturias das Artes, e un ano despois recibiu un recoñecemento honorario do Premio Pulitzer polo seu «profundo impacto na música popular e na cultura norteamericana, marcado polas súas composicións líricas de extraordinario poder poético». 

En maio de 2012, recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade por parte do presidente Barack Obama.

Nominado en varias ocasión para o Premio Nobel de Literatura, consígueo o 13 de outubro de 2016. A Academia Sueca outorgoulle o Premio Nobel de Literatura por «crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición da canción estadounidense».




Se queres profundizar máis sobre a vida de Bob Dylan podes visitar as seguintas ligazóns. 
-   Biografías y vidas.
 
- Curiosidades sobre Bob Dylan.  Huffington Post. 

- Biografía de Bob Dylan. Todo Música