Amosando publicacións coa etiqueta Bob Dylan. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bob Dylan. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de outubro de 2016

BOB DYLAN




Robert Allen Zimmerman; Duluth, EEUU, 1941, coñecido por todos como  BOB DYLAN.

 Resultado de imagen de Bob Dylan imágenes                                Resultado de imagen de Bob Dylan imágenes


Músico, cantantes, compositor e poeta estadounidense, é unha das figuras máis prolíficas e influíntes da súa xeración, na música popular do século XX e de comezos do século XXI.

A súa admiración polo poeta Dylan Thomas levouno a doptar o apelido artístico co que se fixo popular. Na década de 1.960 creou un estilo propio a partires da recuperación da música folk, cunhas letras cargadas de simbolismo e reinvidicacións, convertíndolle nun lídes no seu país. Cancións como  Blowin’ in the Wind, Maters of war o Talkin’ World War III blues, revolucionaron o pop mundial e abriron novos camiños tanto para cantautores como para bandas de rock. 

As letras de Dylan incorporan unha variedade de temas sociais, políticos, filosóficos e literarios que desafiaron a música pop convencional existente e apelaron xeralmente á contracultura emerxente na época.
Dylan ampliou e personalizou xéneros musicais ao longo de cinco décadas de carreira musical, nas que explorou a tradición musical estadounidense co folk, o blues, o country, o gospel, o rock and roll e o rockabilly, así como a música folk inglesa, escocesa e irlandesa, pasando polo jazz e o swing. 

 Dentro do seu repertorio destacan os álbumes: The freewheelin' BobDylan (1963), Blood on the tracks (1975) y Oh mercy (1989)

Ao longo da súa carreira, Dylan foi recoñecido e honrado polas súas composicións, interpretacións e gravacións. 
Resultado de imagen de Imágenes Bob Dylan
 Os seus discos valéronlle varios Grammys, Globos de Ouro e premios da Academia, gañou un Óscar no 2.001, e o seu nome áchase no Salón da Fama do Rock and Roll, o Salón da Fama de Compositores de Nashville e o Salón da Fama dos Compositores. 

En xaneiro de 1990, foi investido Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras polo Ministro de Cultura de Francia Jack Lang. 

No ano 2000, gañou o Premio de Música Polar da Real Academia Sueca de Música, e en 2004 alcanzou o segundo posto na lista dos cen mellores artistas de todos os tempos elaborada pola revista Rolling Stone, despois de The Beatles.

 O 13 de xuño de 2007 foi premiado co Premio Príncipe de Asturias das Artes, e un ano despois recibiu un recoñecemento honorario do Premio Pulitzer polo seu «profundo impacto na música popular e na cultura norteamericana, marcado polas súas composicións líricas de extraordinario poder poético». 

En maio de 2012, recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade por parte do presidente Barack Obama.

Nominado en varias ocasión para o Premio Nobel de Literatura, consígueo o 13 de outubro de 2016. A Academia Sueca outorgoulle o Premio Nobel de Literatura por «crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición da canción estadounidense».




Se queres profundizar máis sobre a vida de Bob Dylan podes visitar as seguintas ligazóns. 
-   Biografías y vidas.
 
- Curiosidades sobre Bob Dylan.  Huffington Post. 

- Biografía de Bob Dylan. Todo Música

xoves, 13 de outubro de 2016

O músico Bob Dylan, Premio Nobel de literatura 2.016. Información da prensa.


 

 A continuación unha reseña do artigo THE NEW YORK TIMES.

O cantante e compositor estadounidense Robert Allen Zimmerman, máis coñecido como BOB DYLAN, foi galardonado co Premio Nobel de Literatura o xoves 13 de outubro de 2.016,  por "crear novas expresións poéticas dentro da gran tradición da canción estadounidense", en palabras da Academia Sueca.
O anuncio foi unha sorpresa, porque aínda que Dylan, de setenta e cinco anos, foi mencionado en varias ocasións como aspirante ao premio, o seu traballo non se axusta aos cánones literarios tradicionais de novelas, poesías e contos que o Nobel recoñeceu tradicionalmente.

"O traballo de Dylan é unha aposta contra o convencional, carece de xuizos morais doados, o discurso pop ou as concesións á audiencia" escribiu Bill Wyman nun artigo de opinión de 2.013 en The New York Times. "O seu lirismo é exquisito; as súas preocupacións e temas son atemporais; e poucos poetas de calqueira época tiveron unha influencia tan universal co seu traballo!.


Son moitos os artigos realizados sobre Bob Dylan. Unha recopilación de algúns deles:

- Bob Dylan: Premio Nóbel de literatura. Faro de Vigo.

- Premio Nobel de Literatura.  El mundo de las letras encumbra a Bob Dylan. Faro de Vigo.

- Bob Dylan, Premio Nobel de Literatura 2.016. RTVE. 

- Bob Dylan abre la puerta del cielo literario. El País

 - Seis letras de canciones de Bob Dylan que muestran la poesía por la que ganó el Nobel de Literatura 2.015. BBC/Mundo.



- Curiosidades sobre Bob Dylan.  Huffington Post.