Amosando publicacións coa etiqueta 4º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de febreiro de 2016

CONCERTO DIDÁCTICO DOS MOUSSAKIS




 Máis de mil escolares asistiron ao concerto didáctico " Los Moussakis, Música de los Balcanes",
concerto organizado pola Obra Social "La Caixa" e o Concello de Vigo.

Previamente ao concerto didáctico os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º de educación primaria, acompañados das súas mestras,  merendamos e xogamos no parque próximo ao Concello.
 



 Xa no Auditorio Municipal do Concello e antes de dar comezo o concerto acudiron o alcalde de Vigo D. Abel Caballero, o director territorial de "La Caixa", D. Marc Benhamou, a Concelleira de cultura e educación e a Concelleira de Transportes.









Tedes un enlace a un dos diversos vídeos en Youtube deste grupo.
  • Branislav Grbic, violín
  • Tal Ben Ari, voz
  • Alán Chébab, laud y saz
  • Ivan Illic, guitarra
  • Goran Slavic, contrabajo
  • Marco Jelaca, batería y percusiones
  • Albert Gumí, dirección musical
  • Xavier Erra, dirección artística


Os Moussakis combinaron efectos sonoros e imaxes con música, canto e danza en directo. Unha experiencia única na que achegámonos á música da Península dos Balcáns. 

Chamáronnos a atención o seu idioma e os instrumentos ud e o saz e a combinación dos "caldeiros" que con gran habilidade tocou o percusionista. 
                                       O  ud                                       O saz




Insertar en Blog - collages




Dende o CEIP Eduardo Pondal, felicitamos e agradecemos, a todos os que fixeron posible, 
esta actividade tan extraordinaria, con gran valor didáctico, musical e cultural.




martes, 26 de xaneiro de 2016

CONCERTO MÚSICA PARA A TOLERANCIA DA EMMV

Os mestres da  Escola Municipal de Música de Vigo, coa colaboración do departamento de educación do Concello de Vigo, realizaron este concerto didáctico para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
Foi un éxito total. Todos desfrutamos e participamos activamente no mesmo.



Podedes desfrutar novamente coas súas actuacións con este COMBOS, realizados na rúa, para deleite de todos .


luns, 25 de xaneiro de 2016

MÚSICA PARA A TOLERANCIA





A Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV), en colaboración co Concello de Vigo, realizan un concerto didáctico para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria do CEIP Eduardo Pondal, coa temática de música para a tolerancia.


Na realidade social na que vivimos, na que os conflitos e os enfrontamentos entre as persoas ocasionados polas súas diferenzas dificultan a convivencia, empregamos a música para educar para a tolerancia, porque é unha linguaxe universal que non entende de fronteiras nin de discriminacións. 

Aprendemos e traballamos músicas de distintas culturas: remitidas pola Escola Municipal de Música de Vigo:

- NITURIM KLEZMER

Esta peza pertence a tradición musical xudea, concretamente ao repertorio Klezmer.
O pobo xudeu foi expulsado das súas terras hai máis de 3.000 anos e a partir de entón asentouse en diferentes países levando consigo a súa cultura e as súas raíces.  A súa vez asimilaron influencias das comunidades coas que conviviron.  Precisamente desta influencia cultural xorde en Europa Oriental o estilo Klezmer con pezas para actos festivos, especialmente vodas.

- DONNA, DONNA

Joan Báez e Bob Dyland


Ao longo do seu exilio, o pobo xudeu sufriu múltiples persecucións e matanzas. Esta historia tivo o seu punto álxido durante o réxima nazi en Europa, que planificou o exterminio total do pobo xudeu provocando seis millóns de vítimas. A estes terribles feitos alude o texto da próxima canción que imos escoitar: Donna, Donna. Nela, compárase a situación dun becerro conducido ao matadoiro coa deportación dos xudeus na Segunda Guerra Mundial.

- GO DOWN MOSES

Louis Amstrong

Descende Moisés, fala da fuxida dos xudeus de Exipto onde vivían como escravos en condicións parecidas nas que estaban os africanos en Norteamérica.
Esta peza é de tradición musical afroamericana, é un espiritual negro, un canto relixioso no que se mesturaban os ritmos de África coas melodías dos himnos dos colonos brancos. Tamén estaban baseados no patrón africano de chamada e resposta cun líder cantando e contestado polo coro.

- I GOT RHYTHM de George and Ira Gershwin.

George e Ira Gershwin



A partir do espiritual, fusionado con outros estilos musicais como o blues o ragtime, xurdiu a música de jazz que é probablemente o estilo máis universal da música afroamericana. Tamén aquí os músicos de jazz baseáronse en melodías populares, a miúdo de musicais, para facer versións no seu estilo. Este é o caso da seguinte peza: I¨ve got Rhythm do compositor G. Gerswing que orixinalmente compúxose para o musical Girl Crazy e posteriormente empregouse na banda sonora da película "Un americano en París" dirixida por Vicent Minneli e gañadora de varios Óscar.

- The BASSO.

A última cultura que imos abordar ten a súa orixe na indica. Estamos falando da comunidade xitana que durante o século XV asentouse en Europa. A súa música foi recibindo influencias dos diferentes pobos cos que tiveron contacto na súa peregrinaxe e así segundo a zona na que estiveron deu lugar ás diferentes denominacións que hoxe coñecemos: cíngaros en Europa oriental, gypsy nos lugares de fala anglosaxona e xitanos en España.


- SWING 42. DJANGO REIHARD

Django Reihard

Alá onde habitaron, o pobo xitano asimilou características das culturas autóctonas para reinterpretalas según as súas propias tradicións, facendo manifestas as posibilidades de multiculturalidade e a mestizaxe.
Nesta peza o xenial guitarrista belga Djanbo Reinhardt funde a música xitana e afroamericana para crear un xénero novo, coñecido hoxe como gypsy jazz.