venres, 3 de marzo de 2017

Mamá Cabra: Paxaro amigo. Proximamente en Concerto

O novo espectáculo de Mamá Cabra, inspirado no reciente libro publicado polo grupo “A Bruxa discordia”, en colaboración con Carmen Gil, unha proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto.

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé.

Discordia disfruta facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola... Menos mal que ten unha curmá fada … pois xa se sabe que na familia haiche de todo.

Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.

“Que todos nun pispás,
compartan cos demais,
dando amor ao redor,
que en paz se vive … mellooooooorrrrrr.”



 MAMÁ CABRA  é un grupo de música infantil galego que comezou a súa andaina no ano 2.000. A idea orixinal naceu de Gloria Mosquera Roel, que preparaba cancións para as súas clases de Educación musical.  O grupo ten como formación básica cinco músicos: guitarra eléctrica, baixo eléctrico, batería, vento e voz, e noutras pezas inclúen coro, acordeón e outros instrumentos.

Componentes do grupo:

Gloria Mosquera Roel: voz
Pablo Dalama Piñeiro: flautas, gaitas, saxofón
Paco Cerdeira Castiñeiras: guitarra eléctrica
Diego Maceiras Pedreira: acordeón, acordina
Rodrigo López Muñoz: batería, percusión
Tomi López Serrano: bajo eléctrico, guitarras
Pauna Romero Canedo: coro
Sandra Romero Canedo: coro
Montse Rivera Crespo: coro
Merchy Rozas: coro
Miguel Flores: coro



GLORIA MOSQUERA ROEL

PABLO DALAMA PIÑEIRO

DIEGO MACEIRAS PEDREIRA 

RODRIGO LÓPEZ MUÑOZ






 

TOMI   LÓPEZ   SERRANO



















 


MANOLO 


A información e as imaxes anteriores foron recollidas das seguintes fontes: 


http://www.gatipedro.es/artistas-item/mama-cabra/


Parte do espectáculo PAXARO AMIGO.

Agradecemos este video a Gloria Mosquera. Subido o 4 de xullo de 2.016

mércores, 1 de marzo de 2017

JOHN WILLIAMS. 50 nominacións aos Óscar

  John Williams

Jhon Williams ten unha cualidade especial, consegue que a música chegue e guste a persoas de todas as idades, aficionados ou non ao cinema. Consegue crear un vínculo especial entre a música e os personaxes que fan desfrutar, sorrir ou entristecernos.

Foi nominado en 50 ocasións aos Óscar, ademáis de varios Globos de Ouro e numerosos Grammys. 

O compositor estadounidense John Williams, creador da famosa banda sonora de STAR WARS obtivo a 50 nominación aos Óscar polo seu traballo no último episodio da saga. (O séptimo). 

Jhon Williams cedeu á batuta a Gustavo Dudamel en "Star Wars".

 

Jhon Williams de 84 anos, atesora cinco estatuillas douradas polas seguintes bandas sonoras:

"El violinista en el tejado" (1.972)

"Tiburón" (1.976)

Agradecemos a HectorJW2007 este video. Subido o 14 de xuño de 2.011.  

O propio John Williams dirixe este tema coa Boston Pops Orchestra at Tanglewood.


"La guerra de las galaxias" (1.978)

Agradecemos a BreadCrustCouncil este video subido o 12 de marzo de 2.011.


"E.T." (1.983)  

BSO

Agradecemos a trailersencasa a BSO de "ET, el extraterrestre". 

 Publicado o 30 de agosto de 2.013  

"La lista de Schindler" (1.994)

Agradecemos a Alex d´Urbeville este vídeo do tema LA LISTA DE SCHINDLER

Solista Simina Croitoru coa Angelys Symphonic Wind Orchestra.

Subido o 28 de febreiro de 2.011

 

OUTRAS OBRAS MUNDIALMENTE FAMOSAS DE JOHN WILLIAMS

Unha versión orixinal do tema principal de HARRY POTTER, da que é compositor da saga John Williams, con copas de diferentes tamaños e cantidades de auga.


Agradecemos a Esteban Hernando este vídeo, subido o 18 de xuño de 2.012

  PARQUE JURÁSICO

 John Williams dirixe a súa propia obra Parque Jurásico con The Boston Pops.

 Agradecemos este video a martyprod2. Subido o 6 de xullo de 2.011


John Williams homenaxea a Spielberg & Lucas



Agradecemos a flyingseraser este video, publicado o 21 de septembro de 2.007.



Veremos a continuación diversos vídeos cunha selección de bandas sonoras de John Williams.

The Top 10 Most Beautiful Movie Soundtracks by John Williams

Agradecemos a Blind Mole este video publicado o 23 de decembro de 2.015. 

 

The Best Music of John Williams: part One


Agradecemos a KingofSoundtrack este video publicado o 15 de abril de 2.014


The Best Music of John Williams: part Two


Agradecemos a KingofSoundtrack este video publicado o 1 de xullol de 2.014

 

Nominacións e premios acadados por   JOHN WILLIAMS

É un home versátil musicalmente ademais da excepcional tarefa levada a cabo no mundo do cinema e dos Xogos Olímpicos, creou todo tipo de partituras: de estilo sinfónico, para instrumentos electrónicos, con ritmos pegadizos ou melódicos,...

Sen dúbida, ocupa un posto de honra entre os máis grandes músicos da historia.


luns, 27 de febreiro de 2017

LA LA LAND gañadora do Óscar 2.017 á BSO e mellor canción


Dende o ano 1.934 a academia de Cine reúnese no mes de febreiro para a entrega dos premios "Óscar", os máximos premios do cinema.

Os relacionados coa música son á mellor Banda Sonora Orixinal (BSO): . e á mellor canción

Na gala dos Óscar, celebrada o 26 de febreiro de 2.017, ambas nominacións foron para a película LA CIUDAD DE LAS ESTRELLAS (La La Land).
Das catorce nominacións aos Óscar, acadou seis: mellor director: Damien Chazelle, mellor actriz:  Emma Stone,  mellor fotografía: Linus Sandgren, mellor deseño de producción : David Wasco, mellor banda sonora:   Justin Hurwitze, mellor canción orixinal (‘City of stars’): Justin Hurwitz, Benj Pasek e Justin Paul.

Trailer da película en castellano, actualmente está nos cinemas.


A canción gañadora do Óscar foi CITY OF STARS, do cinema LA LA LAND.

                                      




 

Tras facer historia con sete Globos posibles (película comedia ou musical, director, mellor actor e mellor actriz, guión, banda sonora e canción orixinal), a película de Damien Chazelle é un maravilloso homenaxe ao cinema clásico e aos musicais de Hollywood e unha carta de amor a "Los Ángeles" e aos soñadores, como son os os seus protagnonistas :  Sebastian (Ryan Gosling), un pianista de jazz que quere montar o seu propio club de jazz tradicional, e Mia (Emma Stone), unha aspirante a actriz que se presenta a todos os castings posibles mentras traballa de camareira en Hollywood.

Agora faremos un percorrido por algúns musicais que inspiraron a Chazelle para o seu cinema. Escolleremos algunha das dezaséis as que fai referencia. Dentro do cinema clásico está a magnífica Casablanca, entre outras.Os vídeos e explicacións completos no blog de cine.


CANTANDO SOBRE LA LLUVIA de Stanley Donen.("Singin" in the Rain", 1.952, Gene Kelly)
Esta versión é con subtítulos en castelán.
Agradecemos este vídeo a oscarias54. Vídeo subido o 21 de novembro de 2.011

Na película de La La Land de Damien Chazelle, atopamos varias referencias: decorados irreais para os números musicais fantasiosos, pasando polas cores vivas que destacan en todo o cinema e tamén a parte satírica sobre a frivolidade do mundo do cinema. Ademais a banda sonora da película gravouse no mesmo lugar en que se gravara a de Donen.


UN AMERICANO EN PARÍS  de Vicente Minelli

'La La Land' comparte coa cinta de Minelli ese ton agridulce e desafortunado que persegue os seus protagonistas.


THE YOUNG GIRLS OF ROCHEFORT de Jacques Demy


Agradecemos o vídeo a Gregorio Portilla. Publicado o 2 de setembro de 2.013.

 Os números musicais na rúa e o  formato panorámico de 'La La Land' son o resultado da clara influencia deste musical clásico francés.


 SOMBRERO DE COPA (Top Hat) de Mark Sandrich 


Todos, absolutamente todos os dúos que se bailan en 'La La Land' teñen algo de 'Sombrero de Copa' ('Top Hat'1935), unha das películas máis emblemáticas de Fred Astaire e Ginger Rogers. O número musical do anterior video ten similitude co primeiro que comparten Mia e Sebastian: "A Lovely Nigt", que tamén comeza nun banco. 



OUTROS PREMIOS QUE TEÑEN QUE VER CO SON

O Óscar á mellor mezca de son no 2.017 foi para Kevin O´Connel, Andy Wright, Robert Mackenzie e Peter Grace polo seu traballo en “Hasta el último hombre”.


   O Óscar á mellor edición de son no 2.017 foir para Sylvain Bellemare, por  "La llegada".

domingo, 26 de febreiro de 2017

Que é unha banda sonora?


MÚSICA CINEMATOGRÁFICA

 Que é unha banda sonora? 

Denomínase cinematográfica a música composta para o cine. Este tipo de música desempeña a dobre función de reforzar o significado das ideas que as imaxes non son capaces de expresar e dando credibilidade a acción. 

A parte sonora dunha película denomínase BANDA SONORA: que inclúe tres tipos de sons diferentes: 

 EFECTOS SONOROS: son aqueles ruidos que deben escoitarse para dar credibilidade á imaxe (pasos ao camiñar, unha rúa con tráfico, a chuvia, ...) Serven para ambientar ou decorar a escea. A crean os especialistas denominados FOLEY. 
O termo foley debe o seu nome ao neoirquino Jack foley, o cal desenvolveu moitas das técnicas que se empregan da fase de produción sonora.

Agradecemos este vídeo a Dna Fátima Delgado , que publicou o 2 de abril de 2.014



Así se fan os efectos Foley
Agradecemos o vídeo a Stygma Beast, que publicou o 2 de febreiro de 2.017

A MÚSICA DE FONDO, pretende influir no espectador para que entenda as imaxes. Esta música reforza o significado poético, expresivo e dramático da imaxe. 

Os diálogos (locución): pódense gravar nun estudio ou mediante a toma de son directo.


As bandas sonoras "sonorizan" as imaxes e con elo consíguese transmitir ao espectador a paisaxe sonora que da credibilidade a unha escea. O termo BANDA SONORA ORIXINAL (BSO) emprégase para referirse a música que se utiliza nunha película. Hai compositores especializados en música cinematográfica. 



sábado, 25 de febreiro de 2017

Entroido en Galicia



ENTROIDO EN COBRES, VILABOA (Pontevedra)

Madamas e Galans.


As Madamas e Galans de Cobres cos seus vistosos traxes e puchos.

O tradicional "Antroido Dos Cobres", segundo escritos da época, remóntase a principios do século XVIII e debe a súa actual vixencia á tradición oral que foi transmitindo o interese e participación na festa de xeración a xeración. Esta herdanza cultural transmitida de pais a fillos, de avós a netos logrou manter viva e presente unha celebración colectiva sorprendente e particular. 
As "Madamas" e "Galans" percorren distintos lugares das parroquias de Santa Cristina e San Adrián, acompañados por unha charanga ( grupo de músicos), que ao son da música agasallan cos seus bailes aos presentes, alí por onde pasan. (Era tradición ir de porta en porta a xunto dos veciños, especialmente a aqueles que por algún motivo non podían asistir a festa do Entroido (convalecencia, indisposición,...). Agora reúnense en Santa Cristina e fan alí as danzas, sendo á principal a "Danza dos Cobres".
Na tradición meses antes do comezo do Antroido os Galans van en busca das Madamas e logo comeza a preparación dos traxes e sombreiros. Son coidadosamente elixidas as cintas, abalorios e adornos para os sombreiros, combinados en perfecta armonía, que levan tanto as Madamas coma os Galans.
A Madama viste cunha blusa e peitoril, saia branca, ambas adornadas con cintas de cores e pasamanerías diversas, zapatos negros e medias finas. O sombreiro de Madama pode chegar a pesar sete quilo, debido á cantidade de pequenos adornos que con coidado e detalle son cosidos e pegados artesanalmente ao igual que as cintas.
A vestimenta do Galan vai en consonancia coa Madama coa que baila. Levan camisa branca con adornos de cintas de cores, corbata vermella, pano de seda que cobre a cintura ata os xeonllos, pantalón branco con liña lateral de cor azul (coma a bandeira galega) e zapato negro e sombreiro de flores.

Agradecemos o video e a información a PontevedraTV, subido o 27 de febreiro de 2.011