mércores, 21 de decembro de 2016

PACO DE LUCÍA: GUITARRISTA, compositor e actor


Google realiza hoxe, 21 de decembro de 2.016, unha homenaxe ao guitarrista Paco de Lucía, de  tres xeitos diferentes : un doodle temático, que será o último do ano, e que poderá desfrutarse en  España e en todos os países de Latinoamérica, unha exposición na plataforma en Google Arts and Culture sobre o músico flamenco e un concerto na súa ciudade natal (Algeciras), interpretado polos seus sobrinos, José María Banderas e Antonio Sánchez. 
O compositor de "Entre dos aguas", foi considerado por moitos o mellor guitarrista da historia da música española. Con este tema acadou recoñecemento mundial e permitiulle internacionalizar o flamenco e ademáis fusionalo con outras correntes musicais como o jazz, realizando colaboracións con artistas desta corrente como Carlos Santana e Al Di Meola. 

A continuación interpretacións únicas de PACO DE LUCÍA TOCANDO A GUITARRA


  ENTRE DOS AGUAS de D. PACO DE LUCÍA


 Subido o 18 feb. 2007 por KayoooS


CONCIERTO DE ARANJUEZ - Movemento Adagio. 
Obra do maestro D. JOAQUÍN RODRIGO 

 
     Subido o 24 de xullo de 2.011 a youtube por Jumacocar
 

Unímonos a esta homenaxe relacionando o PROXECTO DO CINE da Biblio Crocaio, coa súa vida.

Creador de bandas sonoras e actor:

As mellores bandas sonoras de PACO DE LUCÍA

“La Sabina” (1978  ou 1.979, dependendo das fontes consultadas), de José Luis Borau.
No seguinte vídeo escoitamos unha melodía das máis fermosas da película chamado Tema de Amor.
 
 "La Sabina", un cinema sueco-español. Argumento: Un inglés viaxa a Andalucía, onde escoita falar de "La Sabina", unha muller dargón; atrapado polo mito vai en busca dela cambiando a súa vida por completo".

 "CARMEN"(1.983)
É unha adaptación da ópera Carmen de Bizet ao flamenco, dirixida por Carlos Saura. Nela aparecen grandes figuras da danza como Cristina Hoyos e Antonio Gades. A música do film foi composta en parte por Paco de Lucía, que aparece brevemente improvisando unhas bulerías.


 "The Hit" (1.984)
Film británico, dramático, dirixido por Stephen Frearsy protagonizado por John Hurt, Terence Stamp e Tim Roth. Paco de Lucía compuso a banda sonora orixinal para a película, para a que contou coa colaboración, de Eric Clapton y Roger Waters.


Para máis información sobre outras bandas sonoras ir á páxina de referencia de Tania Fernández en http://www.vix.com/es/btg/cine/7342/las-mejores-bandas-sonoras-de-paco-de-lucia


A  súa primeira irrupción como actor de cine, interpretándose a si mesmo, foi  en “Carmen”, de Carlos Saura (1985), protagonizada polo seu amigo Antonio Gades. Con Carlos Saura e con Juan Lebrón como productor filmaría “Sevillanas” (1990), en donde actúa xunto ao seu compadre Manolo Sanlúcar, así como en “Flamenco” e "Flamenco, Flamenco".  Protagonista do documental “Francisco Sánchez, Paco de Lucía”, dirixido por Daniel Hernández con producción de Pablo Usón, pouco antes da súa morte, a comenzos de 2014, o seu fillo  Curro Sánchez terminaba de editar “Paco de Lucía, La Búsqueda”, un documental que obtería un Goya. Paco aparece como personaxe de ficción na película “Camarón” (2005), de Jaime Chávarri,  interpretando o seu  papel Raúl Rocamora. 


 Trailer da cinema LA BÚSQUEDA, editada polo seu fillo Curro.

Película Nominada a Mellor Película Documental
nos Premios PLATINO 2015, e que acadou un GOYA.
 
O cinema LA BÚSQUEDA  relata toda a traxectoria do xenial guitarrista PACO DE LUCÍA,  a través de varias entrevistas realizadas entre 2010 e 2014. Un percorrido vital que iníciase a primeira vez que Paco colle unha guitarra na súa casa de "Algeciras" (con 7 anos) e culmina coa composición do seu último disco Canción Andaluza. Máis de 60 anos de búsqueda, de investigación musical, de ir más alá do establecido, facendo que o flamenco pasara de marxinal a ser recoñecido universalmente. Agradecemos o vídeo a  PREMIOS PLATINO, que o subiu a  youtube o 5 de xuño de 2.015
Información de Google Arts & Culture.

Cinema da BIOGRAFÍA DE PACO DE LUCÍA.
O noso agradecemento a Ahmed Al Fatah que o incorporou a youtube o 3 de marzo de 2.013



A todos os que aportaron a información e os vídeos o noso agradecemento. 

FESTA DE NADAL 2.016 CEIP Eduardo Pondal

Na festa de Nadal en primeiro lugar os nenos saudaron a Papá Noel e aos seus axudantes, recibindo agasallos.   A continuación, actuaron todos os alumnos do CEIP Eduardo Pondal para as familias e finalmente, tomaron o chocolate con bizcoito.


                                                         Vídeo actuación Nadal 2.016

Gravación mestres e montaxe Ángeles Formoso.

O noso agradecemento a todos os que colaboraron e fixeron posible esta festa.

sábado, 17 de decembro de 2016

VILLANCICOS DE PELÍCULAS

Dentro do proxecto de cine da Biblio Crocaio, do CEIP Eduardo Pondal, busquei vilancicos relacionados cos elixidos polos compañeiros. Inclúense dentro desta montaxe vilancicos de "Minions", "Star Wars", "Harry Potter" e "Hotel Transilvania 2".
Desfrutade!


Villancicos de PELÍCULAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

PAPARRUCHAS! E Conto de Nadal de Dickens

 CHARLES DICKENS 

                        
 CUENTO DE NAVIDAD, en galego Conto de Nadal, tivo éxito inmediatamente e foi traducido a todos os idiomas, realizándose posteriormente múltiples cinemas sobre o tema, así coma musicais e obras de teatro. 

A novidade máis recente chega coa panxoliña PAPARRUCHAS, con letra e música de XOSÉ LUEIRO,   inspirada na personaxe de Mr. Scrooge,  que publicou dita obra nun libro de texto da   Editorial Galinova. A nosa noraboa e agradecemento.


XOSÉ LUEIRO
Autor da panxoliña PAPARRUCHAS.



A cinema "MUCHAS GRACIAS MR SCROOGE",  producida por Paramont Pictures, foi unha película musical de 1.970,  baseada na novela de Dickens: A Christmas Carol,
que obtivo os seguintes premios:
1.970: 4 nominacións aos Óscar: Dirección artística, vestuario, canción, canción orixinal de BSO. Sendo o autor da música Leslie Briccusse.
1.970: Globos de Oro: mejor actor musical/comedia (Albert Finney). 5 nominacións.
1.970: Premios BAFTA: Nominada á mellor dirección artística.

Agradecer a D. Josep Maria Figueras Salabert este vídeo do cinema  "MUCHAS GRACIAS, MR SCROOGE", publicado en yotube o 4 de xaneiro de 2.011.




Outra versión musical de "CUENTO DE NAVIDAD", realizada pola compañía "La Bicicleta", no teatro Sanpol de Madrid, e que foi incorporado a youtube polo Teatro Sanpol o 18 de xuño de 2.007, o noso agradecemento.


Se queres coñecer as mellores versións de "CUENTO DE NAVIDAD" de DICKENS (Clica no nome do afamado novelista e escritor e poderás ver esceas de múltiples versións da película, incluida unha en 3D)

E para concluir, dado que estamos no proxecto do cine na Biblioteca Crocaio, dúas películas de CUENTO DE NAVIDAD en debuxos animados.

              Un Cuento de Navidad (1971) 

 

                                             Publicado el 31 de octubre de 2.012 por Dimas Gayol.

 

CUENTO DE NAVIDAD  de Disney (Español latino) Son 3 vídeos.

 

 

 

 

martes, 6 de decembro de 2016

Villancico RODOLFO EL RENO


O "villancico" orixinal é  "Rudolph, the Red-nosed Reindeer", foi adaptado por Johnny Markes no seu idioma orixinal en 1.948, do personaxe "Rodolfo el reno" que aparece no poema de 1.939 de Robert L. May. "Twas the Night Before Christmas", cantado por primeira ver por Harry Brannon e grabado por primeira vez en 1.949 por Gene Autry.
A canción foi lanzada en México no ano 2.006 para promocionar o disco Navidad con Amigos.
O vídeo foi estreado o 29 de novembro de 2.005 por Telehit.(Canal de televisión mexicano).
Adaptacións do villancico: 
- Orixinal: Rudolpj, The Red-Nosed Reindeer.
- Español: Rodolfo el reno o Rodolfo el reno de la nariz roja.
- Finés: Petteri Punakuono.
- Francés: Le p´tit renne au nez rouge.
- Alemán: Rudolph das kleine Rentier.



KARAOKE VILLANCICO:  RODOLFO EL RENO.


 O noso agradecemento a  Asishi Danae Coral Barriga,  por publicar en Karaoke esta panxoliña, o  2 de decembro de 2.012


 PELÍCULA RODOLFO EL RENO
Poderedes escoitar outra versión da canción de Rodolfo el reno. 

 Grazas a "verpeliculasfull", por subir o 24 de decembro de 2.011 esta película
http:www.ligaditas.com RADIO - TV - MUSICA - KARAOKE - PELICULAS http://www.ligaditas.com
verpeliculasfull

Panxoliña: "Buscando unha estrela" de Tino Baz


                                               
"Buscando unha estrela"  pertence ao disco O Quiquiriquí: Cancións para o Nadal.


 Este disco foi producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e os Estudios Casa de Tolos e coeditado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e PAI-Música.

 Vídeo subido por PAI Música o 15 de xaneiro de  2.007 



Interpretando el mesmo a panxoliña ·BUSCANDO UNHA ESTRELA, 
 na TVG, no programa  Heicho cantar.  

 
Publicado o 21 de xuño de 2.016 en youtube por 
Músicas do país.




Cantautor galego nado na Garda en 1.972.

TINO BAZ amosou dende rapaz unha clara disposición pola música galega, probablemente herdada do seu pai e sempre presente no seu entorno familiar. Comeza a tocar a gaita aos oito anos no grupo "Os Pelouros" e posteriormente incorpórase ao grupo "Os Petóns". SUSO VAAMONDE fixo de ponte para que Tino Baz entrara a formar parte do grupo A RODA, como gaiteiro, cantante e percusionista. Tino canta a poesía galega, influíndo e tendo relación cos grupos "FUXAN OS VENTOS" e "A QUENLLA", sendo moi relevantes nos coñecementos e transmisores da cultura galega MINI e MERO.
Deixa o grupo A Roda en 1.997 e comeza a súa andaina en solitario.  O seu repertorio consta de adaptacións de pezas populares coa voz de grandes poetas. Ten cantigas de poemas de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Xavier Seoane, María Campo, Bernardiño Graña,...
Nos seus concertos podemos disfrutar e velo tocar a zanfona, a gaita, a guitarra e distintos instrumentos de percusión. 

Para ESCOITAR e coñecer mellor a este artista, clica en escoitar, alí tes a posibilidade de coñecer máis datos da súa biografía.

venres, 2 de decembro de 2016

Rap de la CONSTITUCIÓN. Que é a constitución e os tres poderes.


 Con motivo da celebración da Constitución Española o vindeiro 6 de decembro. 

RAP DE LA CONSTITUCIÓN  do CEIP LOS ÁNGELES  de Miranda de Ebro (Burgos), Primeiro premio categoría A: centros que imparten ensinanzas de educación infantil, primaria e educación Especial, Publicado o 14 de xaneiro de 2.016 por  Educacyl Portal de Educación    




A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA é bastante recente, foi aprobada en referéndum polo pobo español o 6 de decembro de 1.978. supuso a culminación da transición á democracia, que tivo lugar como consecuencia da morte, o 20 de novembro de 1.975, do anterior xefe de Estado: Franco, provocando unha serie de acontecementos políticos e históricos que transformaron o anterior réxime dictatorial nun ESTADO SOCIAL E DEMOCRÁTICO, que teñen como valores a liberdade, a xusticia, a igualdade e o pluralismo político.

TODOS OS PAÍSES DEMOCRÁTICOS TEÑEN A SÚA CONSTITUCIÓN, documento onde recóllense os dereitos e deberes de cada país.


Explicación "Qué es la Constitución".
Agradecer a  International IDEA a explicación de que é a constitución, o 11 de marzo de 2.015.



Estes vídeos moi sinxelos, foron realizados en relación coa constitución Arxentina.

Que é a  CONSTITUCIÓN ?
 Creado por  Canal Encuentro  e subido a youtube o 23 de novembro de 2.011.





 Que son os tres poderes? 
 Creado por el Perro Luna o 3 de setembro de 2.012